Ciudadanos insiste na súa guerra contra a "okupación ilegal" en Santiago

Lembra que nos últimos meses aumentaron as ocupacións en barrións como o de Belvís, San Lourenzo, Conxo ou Laraño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A coordinadora de Cs en Santiago de Compostela, María Vilas, solicita ao Concello da capital galega "máis medidas" contra a "okupación ilegal". A través dun comunicado, lembrou que os últimos meses houbo "un aumento constante da ocupación ilegal" de vivendas en diversos barrios de Santiago de Compostela como Belvís, San Lourenzo, Conxo ou Laraño.

Por iso, por parte de Cs na capital galega solicitan ao Concello "unha maior acción contra este acto delituoso" que, a xuízo da formación laranxa, "campa ás súas anchas en distintas cidades do noso país".

Vila lembrou que Cs propuxo no programa electoral das pasadas eleccións municipais "a creación dun plan de protección veciñal e unha unidade de seguimento da Policía Local para loitar contra a ocupación ilegal de vivendas en Santiago".

"A permisividade do goberno pasado de Compostela Aberta e a falta de acción do goberno actual liderado polo señor Bugallo, provocaron un aumento sen precedentes destes feitos delituosos en Compostela", sostén Cs. "O noso labor como servidores públicos é defender aos nosos veciños dos posibles actos de ocupación das súas vivendas e asesoralos sobre a lexislación vixente para que poidan executar a acción xudicial oportuna", abundou.

Neste sentido, considera que como "desde o Goberno central non exercen ningunha acción para atallar este grave problema de usurpación da propiedade privada, é o deber das corporacións locais pór todos os medios ao seu alcance para evitar que esta onda de ocupacións ilegais siga aumentando na nosa cidade".

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta