O Colexio de Médicos de Ourense esixe á Xunta rematar coa "temporalidade excesiva" do Sergas

"É hora de traducir os aplausos en feitos", apunta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Cada vez son máis as voces de sanitarios que piden ás autoridades tomar nota do acontecido na pandemia para reforzar o sistema público de saúde e corrixir as "deficiencias" que arrastra. No caso particular de Galicia, as demandas dos profesionais do Sergas fan especial fincapé en rematar cun modelo de contratación temporal que afecta a máis de 35.000 sanitarios, como publicou en v Galicia Confidencial.

Unha unidade do hospital de Montecelo
Unha unidade do hospital de Montecelo | Fonte: XUNTA

A esta petición sumouse recentemente o Colexio de Médicos de Ourense, que nunha carta aberta empraza á Xunta a "traducir os aplausos en feitos". A asociación esixe a San Caetano que recoñeza o "gran compromiso e dedicación" manifestado polos sanitarios durante a pandemia mediante un reforzo das condicións laborais do sector, en particular no tocante a unha temporalidade que califican de "excesiva".

MELLORES PROTOCOLOS

As peticións do Colexio, porén, non se cinguen á situación contractual do persoal sanitario galego. Neste aspecto, unha sección das demandas do CMO oriéntanse á reformulación do modelo de atención que favoreza un coidado maior dos pacientes, sobre todo de cara a un posible rebrote da covid. "As medidas de prevención deben ser melloradas", apuntan en relación ós protocolos en salas de espera e de circulación de pacientes.

As esixencias do persoal médico ourensano chegan pouco despois do anuncio do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, dun cheque por 250 que varias formacións políticas e agrupacións sanitarias calificaron de "suborno" e "tomadura" de pelo". Neste aspecto, o CMO esixe unha mellora das condicións laborais "non puntual senón consolidable"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta