A Xunta lanza 'legaliciate.gal' para fomentar a regularización das vivendas turísticas

Ofrece recomendacións e instrucións para guiar os propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A Xunta e a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) colaboran nunha iniciativa para profundar na ordenación e normalización desta tipoloxía de aloxamento.

Así, a acción inclúe a posta en marcha de www.legalíciate.gal, unha web con recomendacións e instrucións para guiar os propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos, así como unha campaña en liña que se desenvolverá durante todo o verán e os meses posteriores e que resume os principais requirimentos.

Legaliciate.gal ofrece aos usuarios respostas ás preguntas máis frecuentes sobre esta modalidade de aloxamento, facilita a descarga dos impresos necesarios para a súa regulamentación e pon a disposición dos propietarios unha guía que condensa en catro indicacións os pasos a seguir para ofertar un aloxamento deste tipo cumprindo coa legalidade.

Do mesmo xeito, a plataforma legaliciate.gal ofrece un formulario dixital a través do cal Aviturga xestionará calquera tipo de incidente que xurda no desenvolvemento desta actividade. Ademais, esta iniciativa completarase nos próximos días coa posta en marcha dunha aula virtual de formación permanente que ofrecerá un ciclo de seminarios web destinados a formar aos propietarios de vivendas turísticas sobre os protocolos a aplicar este verán para garantir a máxima seguridade hixiénico-sanitaria.

Oferta de pisos turísticos na web Airbnb
Oferta de pisos turísticos na web Airbnb | Fonte: Airbnb

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta