Por E.P. | Ourense | 23/06/2020 | Actualizada ás 18:57
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou inadmisible o recurso contencioso administrativo interposto pola representación legal do exportavoz do grupo de Ourense en Común no concello ourensán, Martiño Xosé Vázquez, pola relación de postos de traballo, segundo informa o Consistorio.
En concreto, o recurso foi "contra o acordo da xunta de goberno local do 25 de xaneiro de 2018 sobre a aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal".
Sobre a sentenza, engade que "recolle as argumentacións realizadas polo Concello, que solicitaban que se declarase a inadmisibilidade do recurso ao amparo do disposto no artigo 69.1 da Lei de Xurisdición Contencioso-Administrativa".
"Dado que o recurso tiña por obxecto un acto administrativo que non era susceptible de impugación por tratarse dun acto de trámite que non puña fin á vía administrativa", engade. A sentenza non é firme e é susceptible de recurso de casación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.