A Consellería de Educación di que "está a analizar" recomendacións do Goberno para o curso escolar

CIG-Ensino instou ao departamento de Carmen Pomar a convocar a mesa sectorial para abordar as medidas preventivas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O Goberno central remitiu ás comunidades a guía de recomendacións con medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde para o curso 2020-21 nos centros educativos, elaborada polos Ministerios de Sanidade e de Educación e Formación Profesional, ante a crise sanitaria.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional avanzou que está a analizar esta nova versión do documento, que tamén trasladou a Sanidade, para traballar conxuntamente nun protocolo "que responda á realidade do sistema educativo galego".

Este mesmo martes, CIG-Ensino instou ao departamento de Carmen Pomar a convocar a mesa sectorial para abordar as medidas preventivas e o protocolo de cara ao próximo curso, ante as recomendacións publicadas polo Goberno central.

"Acabáronse as escusas", advirte o sindicato, para esixir á Xunta que faga públicas as súas intencións para o próximo ano académico, sobre todo para a adaptación de espazos, o número de alumnos por aula e a dotación de recursos para atender a situación dos centros e as medidas de seguridade.

Escola infantil de Conxo. EUROPA PRESS - Arquivo
Escola infantil de Conxo. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta