Terceiro accidente cun tractor nunha semana

Un veciño de Piñor evacuado tras quedar atrapado baixo o vehículo. Cinco persoas feridas en accidentes en Aranga e Fene.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/06/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, en Ourense, segundo o parte de incidencias do 112 Galicia. É o terceiro accidente nunha semana, tras a morte hai catro días doutro home en Soutomaior e a saída de vía doutro tractor en Maside.

O sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01.15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.

Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención.

Tractor que o Concello de Vedra vendeu, segundo o BNG, de xeito fraudulento
Tractor que o Concello de Vedra vendeu, segundo o BNG, de xeito fraudulento | Fonte: BNG

ACCIDENTES

Por outra banda, cinco persoas resultaron feridas, das que dúas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros, en senllos accidentes de tráfico rexistrados en Aranga e Fene, segundo recolle o parte de incidencias do 112.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta