O 30% dos galegos cre que Galica está peor que hai catro anos

En canto á cita electoral do próximo 12 de xullo, o 38,6 por cento dos galegos manifestou seguir con pouco interese a información e os temas relacionados coas eleccións e un 19,8 por cento expresou que o seu interese é nulo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O 44,7 por cento dos cidadáns ve a situación de Galicia igual que fai catro anos e un 30,8 por cento considera que está peor, de acordo cos resultados dun estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) previo ás eleccións autonómicas convocadas para o 12 de xullo.

O informe, realizado con 3.398 entrevistas, recolle que un dous por cento dos galegos cre que Galicia está moito peor que en 2016, mentres que un 18,6 por cento opina que está mellor e un 1,4 por cento, moito mellor.

As conclusións, dadas a coñecer este mércores, indican que o 40,5 por cento dos galegos cren que a situación actual é regular e que o mesmo porcentaxe cualifícaa de boa. O 9,2 por cento vea mala e un 2,9 por cento máis indica que é moi mala.

A xestión da Xunta no últimos catro anos é, a xuízo do 36,5 por cento dos enquisados, regular. O 34,9 por cento, con todo, cualifícaa de boa e un 6,6 por cento, de moi boa. No outro extremo, o 13,7 por cento táchaa de mala e o 5,9 por cento de moi mala.

En canto á organización territorial do Estado, o 40,7 por cento dos galegos móstrase de acordo cun modelo con comunidades autónomas como o actual, mentres que un 22,6 por cento querería máis autonomía. Un 11,4 por cento dos entrevistados mostráronse a favor dun Estado no que as autonomías teñan menos peso e un 10,2 por cento preferiría un único Goberno central sen autonomías. Pola contra, o 7,4 por cento desexaría un Estado no que se recoñecese ás comunidades autónomas a posibilidade de converterse en estados independentes.

O 64,7 por cento dos enquisados dixo sentirse tan español como galego, fronte a un 6 por cento que manifestou sentirse soamente español; un 3,8 por cento que indicou "máis español que galego"; un 18,6 por cento que optou por "máis galego que español"; e un 4,2 por cento que declarou sentirse só galego.

UN 58%, POUCO OU NULO INTERESE NO 12X

En canto á cita electoral do próximo 12 de xullo, o 38,6 por cento dos galegos manifestou seguir con pouco interese a información e os temas relacionados coas eleccións e un 19,8 por cento expresou que o seu interese é nulo.

Os comicios espertan bastante interese para o 31 por cento e o grao de atención é moi elevado para un 9,7 por cento dos cidadáns entrevistados. A maioría, o 65 por cento, sinalou que o máis importante á hora de votar serán os temas propios de Galicia.

Parlamento XUNTA
Parlamento XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta