Sanxenxo vixiará as praias con catro drones e 132 socorristas e vixiantes

Areas, Silgar, Canelas e Montalvo serán os catro primeiros areais que contarán con estes servizos a partir deste venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Os areais de Sanxenxo (Pontevedra) estarán controlados por terra, mar e aire. O Goberno local contratou a 132 socorristas e vixiantes de apoio para a tempada de verán e contarán con catro drones operados pola Policía Local para vixiar o aforamento dos 17 areais que contan con bandeira azul.

Areas, Silgar, Canelas e Montalvo, os catro primeiros areais que contarán con servizos a partir do próximo venres e será a partir do 3 de xullo cando se somen os trece restantes con bandeira azul.

Un total de 60 socorristas, 20 sanitarios e 52 informadores de ocupación distribuiranse polas distintas praias en función das necesidades e dimensións do areal, para garantir o cumprimento das medidas de seguridade durante o verán.

O goberno local convocou unha bolsa de emprego "cunha gran participación", indican nun comunicado, e que permitirá "ter en reserva, ademais dos que xa se van a contratar, a dez socorristas, 30 controladores de aforamento e 31 sanitarios" máis.

Doutra banda, sacou a concurso a adquisición de catro drones, equipados con cámaras térmicas e megafonía, que sobrevoarán as praias e permitirán contar cunha imaxe do nivel de ocupación dos areais de modo instantáneo.

O obxectivo é que estes equipos estean operativos a primeira semana de xullo e serán os propios axentes da Policía Local os que se encarguen de pilotar os drones e tomar as decisións que conveñan dependendo da situación. O goberno local reservou, a través de Nauta, unha partida de 42.000 euros para a adquisición destes equipos.

Praia de Silgar en Sanxenxo (Pontevedra). Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Praia de Silgar en Sanxenxo (Pontevedra). Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta