A Xunta ocultou os datos de regreso ás aulas en maio ante a desbandanda do alumnado

Educación tan só informou dos datos de afluencia do primeiro día, que en apenas dúas semanas caeron ó 50%, segundo CIG-ENSINO. Docentes e sindicatos seguen a demandar un protocolo claro que garanta un regreso ás aulas seguro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Os centros de secundaria galegos pecharon o curso de 2º de bacharelato cunha presenza mínima do alumnado que contrasta cos datos ofrecidos pola Consellería de Educación. O organismo presidido por Carmen Pomar permitiu ós alumnos do derradeiro curso da secundario regresar ós centros dende o 25 de maio para preparar a proba de acceso á universidade (ABAU).

Aula
Aula | Fonte: remitida

Porén, e segundo informa a CIG nun comunicado remitido a Galicia Confidencial, a Xunta decidiu non publicar os datos de afluencia máis alá do primeiro día ante a desbandada do alumando. Mentres que na primeira xornada o regreo chegou ó 35%, dúas semanas despois tan só o 17% dos matriculados seguía asistindo ás aulas, un descenso do 50% que non foi notificado por Educación.

Os datos, recollidos polo sindicato a través dunha enquisa remitida a docentes, reflicte un regreso moito máis reducido no caso dos alumnos de FP, entre os cales a presencialidade non chegou a acadar o 5% do total. A escasa concorrencia non impediu que moitos dos centros consultados aludisen a diferentes problemáticas no ámbito da prevención sanitaria, segundo o sindicato.

FALTA DE EPIS

Entre estes conflitos, a ausencia de EPIS  e a dificultade para garantir a prevención de riscos sanitarios foron os elementos máis sinalados. Estas problemáticas, vencelladas ó escaso número de alumnos -que se verá amplamente incrementado co regreso xeral ás aulas- son os argumentos esgrimidos pola organización sindical para demandar á Xunta un protocolo de actuación claro. Ata o momento, apuntan, só se coñece un documento de recomendacións publicado polos Ministerios de Educación e Sanidade que non obtivo paralelismos por parte da Consellaría de Educación, que segue sen formular proposta algunha, apuntan dende a organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta