Detido pola morte dun home no parque de San Lázaro de Ourense hai case un ano

O home, coñecido pola policía, está acusado de homicidio imprudente por golpear a un individuo que rematou falecendo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A policía Nacional detivo na mañá do pasado martes 23 a un home acusado dun homicio imprudente que foi rexistrado hai case un ano no Parque de San Lázaro, situado no centro urbano da cidade de Ourense.

Os feitos remóntanse ao 1 de xullo de 2019, cando, sobre as 15,45 horas, o 091 recibiu unha chamada alertando dun home que sangraba abundantemente pola boca. Cando os efectivos desprazados chegaron ao lugar comprobaron que o home xa falecera. O Grupo de Udev iniciou unha investigación para pescudar as circunstancias da morte, na que se determinou que fora golpeado por outro home, coñecido no ámbito policial, que lle provocou as feridas que ocasionaron a súa morte.

Parque de San Lázaro en Ourense
Parque de San Lázaro en Ourense | Fonte: Zarateman.

Finalmente, o sospeitoso foi localizado e detido durante na mañá do martes 23 por axentes da Policía Nacional. Trátase dun home de 45 anos e detido por axentes da Policía Nacional. En concreto, trátase dun home de 45 anos, natural de Eibar (Guipúzcoa), con seis detencións anteriores. Tras o seu paso a disposición xudicial, o sospeitoso quedou en liberdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta