Caballero chama a concentrar o voto "progresista" no PSdG para rematar co modelo "esgotado" de Feijóo

Asegura que os socialistas "darán a volta aos prognósticos" e volve pedir á Xunta que garanta a seguridade o próximo 12J

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, deu comezo á campaña electoral de cara ó 12J  facendo un chamamento ó electorado de esquerda a concentrar o voto na opción socialista. "O cambio en Galicia é posible se todos os progresistas acoden a votar e o PSOE", manifestou o candidato, que erixiu á súa formación na "mellor resposta e alternativa" para a Xunta.

O candidato do  PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, acompañado polo número dous da lista por portevedra, Isaura Abelairas, así como polas cabezas de lista por Ourense, Mariña Ortega; Patricia Otero, Lugo; e Pablo Arangüena, A Coruña
O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, acompañado polo número dous da lista por portevedra, Isaura Abelairas, así como polas cabezas de lista por Ourense, Mariña Ortega; Patricia Otero, Lugo; e Pablo Arangüena, A Coruña | Fonte: Europa Press

Nun acto desenvolto na Praza do Obradoiro, o candidato socialista destacou que as eleccións do próximo 12 de xullo "xóganse" entre o modelo "conservador, de recortes e esgotado" do  Partido Popular e a opción "progresista e de avance" dun goberno liderado polo Partido Socialista. Caballero aproveitou a xornada para afear ó presidente da Xunta que convocase "de forma unilateral" os comicios tendo en conta a situación sanitaria vixente. Neste aspecto, emprazaron ó presidente a "garantir todos os mecanismos de seguridade" da votación.

ENQUISAS

En resposta ás enquisas, que sitúan á formación vermella a unha ampla distancia do PP, o candidato socialista quixo destacar a "capacidade inmensa" de mobilización nun contexto no que o "50% dos electores di que vai decidir o seu voto ao longo da campaña" e o "35% na última semana", segundo asegurou. "Imos darlle unha volta a todos eses prognósticos", sostivo Gonzalo Caballero, que se mostrou convencido de que debe de ser un executivo de progreso o que xestione a saída da crise para "protexer á cidadanía" fronte á política de "recortes e retrocesos de dereitos" de Feijóo.



 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta