Feijóo anuncia medidas de estabilización laboral no Sergas en campaña electoral tras recoñecer o erro do bono regalo

"Non me expliquei ben e non se entendeu", dixo sobre o polémico cheque de 250 euros para os sanitarios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2020 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu o seu erro e o de distintas consellerías no anuncio do controvertido cheque regalo de 250 euros para que os profesionais sanitarios. Con todo, aproveitou durante a rolda de prensa do Consello da Xunta deste xoves para anunciar que estudan "incentivos" e mellorar as condicións laborais dos profesionais do Sergas en canto lle cheguen as axudas Covid do Goberno central.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA

"É evidente que houbo unha explicación pésima e moi desacertada, comezando or min", dixo Feijóo ao ser preguntado polas críticas de todo o sector sanitario --asociacións, sindicatos ou colexios profesionais-- contra o chegue dos 250 euros. Así, destacou que este bono "non ten que ver co sector sanitario", senón que tiña como fin impulsar o sector turístico.

"Tentamos impulsar medidas para diminuir o impacto económico", dixo ao tempo en que insisitiu en que "non se explicou ben" e, polo tanto, "non se entendeu ben", por parte dos sanitarios. "Pido diseculpas porque non era esa a nosa intención", recoñeceu.

MEDIDA ELECTORAL?

Con todo, Feijóo tentou enmendar este "erro", anunciando novas medidas para estabilizar a situación laboral dos sanitarios. Precisamente, todos os colectivos deste sector, sen excepción, criticou que se dean bonos regalo, pero non se estabilice as condicións laborais nas que se atopan moitos profesionais.

Por iso, e a unhas horas do arranque da campaña, Feijóo anunciou que mellorará estas condicións e que, tanto as consellerías de Sanidade como de Facenda, están xa estudando propostas en materia de "incentivos e estabilidade laboral" para todo o colectivo sanitario. "Pero para iso temos que saber o que nos tocará do fondo de 16.000 millóns de euros prometidos polo Goberno para paliar os efectos da Covid-19", dixo. 

"Cando saibamos o que nos toca, miraremos o que podemos facer e presentaremos unha proposta que será discutida na mesa sanitaria cos sindicatos", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta