Temas: XULGADOS SUCESOS

Tres anos de prisión para un pai e o seu fillo de Santiago por apropiarse dunha herdanza

Ocultaron a herdanza aos demais beneficiarios da mesma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a tres anos de prisión a un home que se apropiou de 178.700 euros pertencentes á comunidade hereditaria do seu avó. O pai do investigado tamén foi condenado á mesma pena.

Os feitos aos que alude a sentenza remóntanse a decembro de 2012, cando un dos acusados, J.A.B.R., recibiu un talón do Concello de Santiago en concepto de indemnización para a comunidade hereditaria do seu defunto avó, por un importe de 178.701,11 euros.

Con todo, aproximadamente un ano despois, e en común acordo co seu pai, o tamén acusado I.B.S., transferiu a cantidade de 172.000 euros a unha conta titularidade dun deles, sen que, por tanto, o diñeiro fose gozado polos outros herdeiros.

A Audiencia destaca no fallo que o neto do falecido fixo constar en varios escritos que actuaba en beneficio da comunidade hereditaria, algo que non está apoiado por ningún documento nin pola versión do resto de herdeiros.

"Unha vez cobrada dita cantidade, os acusados, no canto de comunicarllo aos restantes integrantes da comunidade hereditaria e de pór o diñeiro recibido á súa disposición, non lles dixeron nada", apunta o tribunal, que os condena por un delito de apropiación indebida.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: XULGADOS SUCESOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta