Feijóo desvincula os brotes da Covid-19 en Galicia da súa xestión da pandemia porque "foi excelente"

Critica ao ministro Ábalos por dicir que el ía as reunións de presidentes autonómicos “pensando sempre en saír da corentena”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2020 | Actualizada ás 22:04

Comparte esta noticia

Galicia ten xa dous brotes de coronavirus que afectan, polo momento, a 20 persoas nas comarcas da Mariña e da Barbanza, e que provocaron o illamento a outro cento. Unha situación que demostra a febleza da chamada “nova normalidade”, especialmente, pola relaxación social para o cumprimento das medidas sanitarias.

Comprobación de probas pcr
Comprobación de probas pcr | Fonte: EP

Con todo, e a pesar desta situación, Feijóo destacou que o acontecido non é responsabilidade da Xunta porque, suliñou, a súa xestión da pandemia foi “excelente”. “Tanto o ministro de Sanidad, Salvador Illa, como Fernando Simón, destacaron que a xestión foi excelente. E, se o din eles, non hai porque dubidalo”, dixo ao ser preguntado sobre o feito de que estes brotes teñan que ver cunha falsa sensación de normalidade propiciada pola rapidez da Xunta en querer saír do desconfinamento e ser a primeira zona en aplicar a “nova normalidade”. 

“Iso non ten nada que ver. O brote de Riberia foi un home que o importou de Brasil a principios de xuño cando aínda estabamos na última fase do confinamento e o de Xove foi por unha festa familiar”, escusouse ao tempo en que insistiu nas medidas adoptadas pola Xunta para conter a pandemia. “Antes de comezar a nova normalidade entregamos Galicia na mellor situación epidemiolóxica”, suliñou.

ÁBALOS

Por outra banda, Feijóo tamén criticou ao ministro de Fomento José Luis Ábalos por dicir que ía ás xuntanzas dos presidentes autonómicos “pensando sempre en saír da corentena canto antes”. “Non entendo porque di isto cando Illa e Fernando Simón eloxiaron o traballo da Xunta”, dixo. Así, lembrou que a Xunta anticipouse ao Goberno central --despois de que Pedro Sánchez anunciara antes que aplicaría o estado de alarma-- en aprobar a alerta sanitaria en Galicia, “precisamente para confinar á xente e evitar contaxios”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta