A temporalidade dalgúns hospitais galegos case duplica a media do estado, segundo un estudo

FEGAL cifra a eventualidade de algúns centros no 65% fronte ó 35% da media estatal. A asociación convoca unha mobilización para denunciar un modelo de contratación "precaria e ilegal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

A taxa de temporalidade do Servizo Galego de Saúde é "claramente superior" á media do estado, segundo publica o colectivo FEGAL (Facultativos Eventuais Galegos en Loita). O informe cifra a eventualidade dos centros galegos entre o 35% e o 65% dos contratos, unha marxe que se define por riba da media do Estado, que varios medios cifran no 35%.

Analitica realizada a unha traballadora do Hospital Vithas Vigo para comprobar se está contaxiada. HOSPITAL VITHAS VIGO
Analitica realizada a unha traballadora do Hospital Vithas Vigo para comprobar se está contaxiada. HOSPITAL VITHAS VIGO

O "Censo de Eventualidade" da FEGAL comprende datos aportados por especialistas "dende dentro" como recollidos a través das redes sociais. Este estudo "pormenorizado" pretende botar luz sobre unha problemática que a Xunta "non recoñece", xa que, segundo informan dende a FEGAL, a Consellería de Sanidade "non facilita o número de personal con contratos eventuais e fixos".

UN MODELO "PRECARIO E ILEGAL"

Fronte este oscurantismo e un modelo de contratación que consideran "precario e ilegal", FEGAL convoca unha manifestación para o sábado 27 no que pretenden demandar unha "estabilización laboral" que vaia acompañada por un "inverstimento que garantice unha sanidade pública de calidad para todos os galegos e galegas, agora e no futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta