O touro bravo fuxido en Brión deu un paseo dun día e volveu á granxa polo seu propio pé

O propietario da explotación atopou ó animal ás portas do establo a primeira hora da mañá, segundo informa a Policía Local.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O touro bravo fuxido na mañá do xoves dunha granxa na parroquia de Bastavales, en Brión, volveu á explotación gandeira polos seu propio pé, segundo informan dende o corpo de Policía Local do Concello.

Boi
Boi | Fonte: Concello de Allariz

O traxecto do animal, que se estendeu ao longo de máis de 24 horas, rematou cando esta mañá, arredor das 7:30, foi atopado polo seu dono "ás portas" da instalación gandeira á que pertence.

O touro de Bastavales, de grandes dimensións, fora avistado no amencer do xoves no límite municipal entre Brión e Sar, tralo cal comezou un operativo de busca conxunto de Policía Local e Ges que finalmente non foi necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Touro bravo fuxido.., sona a apache rebelde