Investigado un veciño de Madrid tras estafarlle case 1.000€ a un home de Outes por internet

O suposto delito será esclarecido por un xulgado de Muros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía de Noia esclareceu unha estafa telemática por un valor de 999 euros no marco dunhas pescudas nas que foi investigado un veciño de Madrid.

Segundo informou o Instituto Armado, o prexudicado interpuxo denuncia na Garda Civil de Outes logo de comprobar no seu extracto bancario a presencia de cinco cargos que non recoñecía ter feito. Segundo informa Europa Press, só o primeiro deles, que chegaba ós 999 euros foi cargado, dado que o cartón tiña un límite de mil euros.

A vítima da estafa, indicaron as mesmas fontes, non lembra realizar ningún tipo de transacción que lle resultase sospeitosa. Por iso, realizadas xestións polo citado Equipo de Estafas Telemáticas, localizouse ao autor, que resultou ser veciño de Madrid, e procedeuse á investigación do mesmo pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Madrid.

O autor recibiu os pagos a través da aplicación Twyp da entidade bancaria ING direct e reenviounos a outra conta da súa propiedade, onde posteriormente retirou o diñeiro defraudado a través dun caixeiro. As dilixencias practicadas foron remitidas ao xulgado de garda da localidade de Muros.

Xulgados
Xulgados | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta