A economía antes da COVID: a industria manufactureira galega medraba o dobre que a media do estado

As vendas totais en 2019 supuxeron un importe de case 30 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A industria manufactureira galega pechou 2019 cuns datos positivos que, con toda seguridade, darán á súa fin no próximo exercicio económico pos-pandemia. En total, e segundo reporta o INE, este eido do sector secundario acadeu un crecemento do 2'8% en comparación ás cifras de vendas do 2018.

Fábrica da galega Cortizo, de fabricación de perfís de aluminio
Fábrica da galega Cortizo, de fabricación de perfís de aluminio | Fonte: REMITIDA

A suba, que sitúa a facturación do mercado en 29'9 millóns de europs, supón un incremento que supera amplamente á media estatal, situada no 1'2%. Aínda que Galicia non é a comunidade mellor situada no conxunto do Estado español -Canarias rexistrou unha ampliación do 4%-, si conta cunha boa posición a nivel relativo logo do decrecemento amosado por rexións como Asturias, onde a industria en cuestión caeu un 1'2%.

DATOS NEGATIVOS

O incremento internual do 2019 supoñía encadear varios exercicios moi positivos logo do salto de 2018, cando as manufacturas galegas medraron un desorbitante 7'6%, un incremento que contrastará co esborrallamento provocado pola crise da COVID. Á espera de datos concretos, xa coñecemos que, na industria en xeral, a caída aproxímase a un histórico 50%, entre as peores proporcións do estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta