O BNG lanza un póster de Pontón imitando a Obama

Pretende convertela en "icona" da campaña electoral.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/06/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) lanzou un póster coa imaxe da súa candidata, Ana Pontón, que pretende convertela en "icónica" da campaña electoral, xunto coa lema feminista que simula o que levou a Barack Obama á Presidencia de Estados Unidos.

Póster do BNG coa imaxe de Ana Pontón para as eleccións do 12 de xullo de 2020.
Póster do BNG coa imaxe de Ana Pontón para as eleccións do 12 de xullo de 2020.

Trátase dun retrato con estética de cómic nun formato dirixido ás redes sociais, no que a líder nacionalista "ten un elevado nivel de seguimento e coñecemento, con miles de seguidores coas que interrelaciona a diario", di o BNG.

Así, a imaxe vai acompañada dunhs das mensaxes centrais da campaña: "o cambio galego", coa apelación directa a facelo posible a través da fase 'We can do it!', como imitou o presidente Obama co seu 'Yes we can'. Así, segue a liña da mensaxe que trasladou a candidata desde o inicio da campaña: "O cambio real é posible da man do BNG se todas as persoas qeu queren abrir un tempo novo en Galicia, mobilízanse de forma masiva o 12 de xullo".

Ademais, con este cartel o BNG tamén quere expresar o "empoderamento" das mulleres, simbolizando unha candidata que, como ela mesmo tamén repetiu, aspira a "facer historia converténdose na primeira muller presidenta de Galicia".

De feito, o Bloque lembra que o 'we can do it!' é unha das expresións usadas amplamente polo feminismo como slogan reivindicativo nunha das súas imaxes pop máis coñecidas, que realizou J. Howard Miller inspirándose en Rosalind P. Walter, que destacou polo seu papel na II Guerra Mundial por reivindicar que as mulleres puidesen asumir traballos que ata o momento só exercían homes.

"O MOMENTO DUNHA MULLER PRESIDENTA"

Os nacionalistas galegos consideran que é "o momento de ter unha muller presidenta, nun contexto no que hai políticas convertidas en referentes do que as mulleres poden achegar cunha maneira difernte de exercer o liderado". Así, cita a congresista por Nova York Alexandria Ocasio-Cortez; a presidenta de Nova Zelandia, Jacinta Arden; e á primeira ministra de Finlandia, Sanna Marín.

A ilustración é autoría de Lida Cao, unha nova artista de Ordes, muralista, "nun novo exemplo da aposta do BNG polo talento e a creatividade do país á hora de transmitir as súas mensaxes de campaña", sinala a propia formación nun comunicado, no que apunta que é a "pauta do que vén facendo o Bloque desde que Ana Pontón asumiu o liderado".

As cores empregadas --fondo de azuis que rememoran a luz do amencer--, explica Lida Cao, fan "referencia a un novo día, a un novo tempo que está por vir, a unha nova Galicia xunto a Ana Pontón". Así o reflicte tamén, di, os "motivos vexetais, unha alegoría duns brotes dándolle valor á nosa terra e apostando polo noso".

O BNG lanzará unha tirada limitada deste póster para regalar ás persoas que acudan aos mitins durante a campaña do 12X.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 Desfeita

Non son seareiro do Bloque, pero Ana Pontón está ética e esteticamente (no senso político) moi por riba de Feijoo, un carreirista sen substancia nin principios, a quen tanto lle ten medrar á beira dun narco como en política. A súa "moderación" non é senón a prudencia do lambecús. Que un de cada dous galegos o vaia votar non fala moi ben do estado moral da nosa sociedade.

8 nostrus

Unha das tretas do cotarro nacionalista reside na manipulacion do linguaxe, apropiandose de conceptos que non lle pertenecen como o pacifismo, antifeixismo ou a liberdade, comparándose con personaxes que si o fixeron como Luther King, Gandhi ou o Dalai Lama, inda que tales personaxes sentirian noxo de que ninguen os comparar con eles. Repiten machaconamente palabras para que a poboacion se acostume a oilas, tales como "nacion", "lingua propia" e asocianlle ao galego conceptos que só se atribuen as personas, tales como "o galego sufre", "os direitos do galego". En fin, toda unha mestura de manipulacion, intolerancia e intromision na vida das personas. Inda asi e a pesar deles Galicia é maravillosa.

7 subsolo

Envexa.... moita envexa... moita tiña... e moita rabia... todos sabemos o que vai pasar co podremios-mareante-vieirista... asi podemos decir hoxe que o tortazo e grande pero que moi grande... pero eu os digo que ides caer por debaixo do subsolo... o fixechedes moi mal durante todos istes anos... sobre todo ise señor maior... o momio ise de tutanreborkainas

6 4ZuT

Copiamos do nacionalismo vasco, falamos en portugués, o cartel en inglés, o comunismo de Rusia, etc... menos cousas galegas, copiar todo.

5 galeguiña

Entre que parece un deses atletas da extinta RDA, dos que non se chegaba albiscar se eran mulleres ou homes, e que nas aldeas e vilas de todo o país o lema en inglés de seguro vai provocar ese medio sorriso tan propio da nosa retranca, a campaña do BNJÉ, JÉ, JÉ será todo un éxito.