O BNG lanza un póster de Pontón imitando a Obama

Pretende convertela en "icona" da campaña electoral.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/06/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) lanzou un póster coa imaxe da súa candidata, Ana Pontón, que pretende convertela en "icónica" da campaña electoral, xunto coa lema feminista que simula o que levou a Barack Obama á Presidencia de Estados Unidos.

Póster do BNG coa imaxe de Ana Pontón para as eleccións do 12 de xullo de 2020.
Póster do BNG coa imaxe de Ana Pontón para as eleccións do 12 de xullo de 2020.

Trátase dun retrato con estética de cómic nun formato dirixido ás redes sociais, no que a líder nacionalista "ten un elevado nivel de seguimento e coñecemento, con miles de seguidores coas que interrelaciona a diario", di o BNG.

Así, a imaxe vai acompañada dunhs das mensaxes centrais da campaña: "o cambio galego", coa apelación directa a facelo posible a través da fase 'We can do it!', como imitou o presidente Obama co seu 'Yes we can'. Así, segue a liña da mensaxe que trasladou a candidata desde o inicio da campaña: "O cambio real é posible da man do BNG se todas as persoas qeu queren abrir un tempo novo en Galicia, mobilízanse de forma masiva o 12 de xullo".

Ademais, con este cartel o BNG tamén quere expresar o "empoderamento" das mulleres, simbolizando unha candidata que, como ela mesmo tamén repetiu, aspira a "facer historia converténdose na primeira muller presidenta de Galicia".

De feito, o Bloque lembra que o 'we can do it!' é unha das expresións usadas amplamente polo feminismo como slogan reivindicativo nunha das súas imaxes pop máis coñecidas, que realizou J. Howard Miller inspirándose en Rosalind P. Walter, que destacou polo seu papel na II Guerra Mundial por reivindicar que as mulleres puidesen asumir traballos que ata o momento só exercían homes.

"O MOMENTO DUNHA MULLER PRESIDENTA"

Os nacionalistas galegos consideran que é "o momento de ter unha muller presidenta, nun contexto no que hai políticas convertidas en referentes do que as mulleres poden achegar cunha maneira difernte de exercer o liderado". Así, cita a congresista por Nova York Alexandria Ocasio-Cortez; a presidenta de Nova Zelandia, Jacinta Arden; e á primeira ministra de Finlandia, Sanna Marín.

A ilustración é autoría de Lida Cao, unha nova artista de Ordes, muralista, "nun novo exemplo da aposta do BNG polo talento e a creatividade do país á hora de transmitir as súas mensaxes de campaña", sinala a propia formación nun comunicado, no que apunta que é a "pauta do que vén facendo o Bloque desde que Ana Pontón asumiu o liderado".

As cores empregadas --fondo de azuis que rememoran a luz do amencer--, explica Lida Cao, fan "referencia a un novo día, a un novo tempo que está por vir, a unha nova Galicia xunto a Ana Pontón". Así o reflicte tamén, di, os "motivos vexetais, unha alegoría duns brotes dándolle valor á nosa terra e apostando polo noso".

O BNG lanzará unha tirada limitada deste póster para regalar ás persoas que acudan aos mitins durante a campaña do 12X.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Rui do

Patético. Incapaces de una sola idea original. Como para comparar entre el CV de Obama y el de la Pontona.

1 Alienao

Ti de españoleiro non pasas; cos teus límites, nin galego nin castelán eres.

2 Ruí

Como para comparar o de Pontón e o teu, jajaja

3 Eu mesmo

Vaia panda!!!! Pasan do galego reintegracionista ó inglés. Todo con tal de non tocar o castelán.

1 Ti mesmo te defines

Para que queres usar algo que non vale para nada (o españó)... Realmente se hai que escoller un só idioma evidentemente será o inglés, non o falado polos limpapalanganas e xardineiros de California & Cia.

2 nostrus

O bloque só é unha especie de secta fanatizada con catro manías que para o único que valen e para que catro fundamentalistas galegueiros alucinen, mentras o conxunto dos galegos saiamos perxudicados coas suas pamplinas. Os nacionalistas galegos consideran que é "o momento de ter unha muller presidenta", ao parecer querendo dicir que prima que sexa muller a que sexa competente, tal vez porque das dus condicions a que pode aportar sexa a de ser muller, cando o que se precisa é unha persona competente sexa home ou muller. Si os nacionalistas galegos prefieren unha muller, tamen a candidata de C´s é unha muller e pola que se debe votar, pero non por ser muller, sinon por ser competente e respetuosa.

1 Daiqui

Vamis a ver, señor Rafael A.....recoméndoche que tomes algún tranquilizante. Se tanto botas de menos a Madrid, non entendo porque o deixaches e viñeches a traballar a Ponteareas

1 nostrus

No hagais puñetero caso a los cantos de sirena embrujados del bloque. El nacionalismo representa todo contra lo que se debe luchar para que el mundo no retroceda. Al nacionalismo lo único que le importa es conseguir desterrar al idioma español de Galicia para crear una Galicia virtual y ficticia que solo cabe en su pequeña mente malvada. La realidad e identidad gallega pasa por el bilingüismo y pretender una Galicia monolingüe en gallego solo nos llevaría al retraso y al aislacionismo. Se enrocan en la supuesta lengua propia como algo superior a la voluntad de las personas; ¿alguien imagina poner a la monarquia por encima de la voluntad de las personas argumentando que es muy antigua?. O blque ao lixo, nun contenedor radioactivo fortemente pechado e Galicia unha rexión bilingüe, orgullosamente de ser española e respetando a diversidade.

1 Kim Il Barbanza

Nostrus, as mesmas cousas que dis poden aplicarse ao nacionalismo español, dese que o pobo español xa padeceu 40 anos e co que ti e os teus estabades comodos cando a defensa de GZ a facian os coros e dnzas da Seccion Femenina e o ballete Rei de Viana