Reciben a berros de "fascistas" a Vox, que volve chamar "racista" a Castelao en Pontevedra

Varias ducias de persoas protestaron contra Javier Ortega Smith antes de ofrecer un mitin.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 27/06/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Varias decenas de persoas recibiron ao secretario xeral de Vox e deputado no Congreso, Javier Ortega Smith, con berros de "fascistas fóra, fóra de Pontevedra" antes de ofrecer un mitin na Alameda de Pontevedra, municipio no que o dirixente da formación que dirixe Santiago Abascal despregou este sábado a súa axenda.

Acto de Vox en Pontevedra
Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.

No seu discurso fronte ao edificio do Concello de Pontevedra, que goberna o BNG co PSdeG, e a escasos metros do instituto Valle-Inclán, onde o propio Castelao exerceu como profesor, Ortega Smith volveu a chamar "antiespañol, racista e nacionalista" ao intelectual galego que emigrou a Arxentina para evitar a represión franquista.

O deputado de Vox xa usara estas palabras este venres, en Xinzo de Limia, para referirse ao galeguista que dá nome a un dos recoñecementos anuais que dá a Xunta de Galicia --xunto coas Medallas de Galicia--, tal e como son as Medallas Castelao.

Precisamente, estes galardóns entréganse cada 28 de xuño (este domingo) nun acto que, como é habitual, preside o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, coincidindo coa dobre efeméride do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936 e a repatriación dos restos do político, escritor e debuxante galego.

Precisamente, estas palabras de Ortega Smith foron obxecto de balbordo nas redes sociais na xornada do sábado e tamén se pronunciaron en contra Podemos Galicia e o BNG, entre outras voces.

"Ortega Smith (Vox) en Xinzo de Limia chamando racista e xenófobo a Castelao. Con este tipo de xente é coa que quere gobernar Feijóo. Non o imos permitir. A esquerda temos que gañar estas eleccións. Se ti votas, Feijóo e Vox perden", sinalou Podemos.

Pola súa banda, o BNG apunta que "Castelao é a principal figura da nación galega no século XX". "E o nacionalismo galego é emancipador, igualitario, republicano, pacifista, internacionalista. Para un fascista falar de Castelao ou de nós, primeiro debe lavar a boca. #CastelaoSempre", tuitearon os nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

2 Sabela

Intolerábel. Xa está ben de aguantar a esta xente que ten como único argumento a mentira e a crispación. Fascistas, desintegradevoX!

1 anonimo 2

Não e uma surpresa vendo de quem vem, mas é claro que não léu o Sempre em Galiza “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a conviver com todas as raças, o nacionalismo racista é um delito e também um pecado. Endejamais medimos os diâmetros do nosso crâneo, nem lho medimos a ninguém para ser admitido na nossa comunidade”. Que curioso Castelao acertou de perto na definição de “vox=nacionalismo racista”

1 Gamela

Gracias pola cita... No canto de ir a suliñar os seus mitins compré regalarlles esta cita de Castelao e de paso facela pública entre os ILETRADOS seguidores de Vox ! Así é como se loita contra o fascismo... e non facendo o indio nas rúas e dándolles o posibilidade de poñer denuncias que os fagan ter máis protagonismo ! Sempre en Galiza ! Os da UPG tamén deberan facer algún seminario (webinario) sobre a exclusión dentro do nacionalismo (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde