Soben en dous os casos activos en Galicia, ata 310

Os dous brotes detectados na última semana continúan sen cambios, con 9 infectados no Barbanza e 22 na Mariña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/06/2020 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia subiu en dous, ata 310, mentres que as persoas curadas tamén aumentaron, en 5, e sitúanse en 10.611. Así consta nos datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, nos que se reflicte que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización --os mesmos que este sábado-- e 306 en seguimento domiciliario --dous máis--, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Xunta.

Dos 310 casos positivos, 132 corresponden á área de Vigo --uno máis que o sábado--; 72 á da Coruña e Cee --tres menos--; 25 á de Santiago e Barbanza --uno menos--; 22 á de Ourense --os mesmos--; 39 á de Lugo --cinco máis--; 11 á de Ferrol --igual-- e nove á de Pontevedra --uno máis--.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.611 persoas, mentres que os falecidos con COVID mantéñense en 619. A última vítima, notificada o pasado 10 de xuño, foi un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias de maiores.

O número de PCR realizadas ascende a 176.539, fronte ás 171.518 contabilizadas ata este sábado.

BROTES

En canto aos dous brotes localizados en Galicia na última semana, un na comarca do Barbanza (A Coruña) e outro na Mariña (Lugo), fontes da Consellería de Sanidade ratificaron que continúan sen cambios.

Na Mariña, este sábado aumentaron os positivos por coronavirus ata 22, tras máis de 200 probas PCR realizadas na zona. O primeiro caso detectouse o pasado martes pola tarde no municipio de Xove e, con esta confirmación inicial, comezou o traballo de rastrexo e análise dos contactos das persoas afectadas.

Así mesmo, o foco de COVID-19 detectado a pasada fin de semana na comarca coruñesa do Barbanza, concretamente en Ribeira e A Pobra, mantense con nove positivos.

RESIDENCIAS

En canto aos centros de maiores, os casos activos de COVID-19 baixaron nun, segundo o balance diario da Consellería de Política Social. En concreto, curouse un usuario da residencia Caser A Zapateira de Culleredo (A Coruña).

Así, aínda permanecen infectados tres usuarios e un traballador do xeriátrico Santa Teresa Jornet, na Coruña, o único centro que aínda conta con casos en toda Galicia.

Desde o sábado 13 de xuño non hai casos positivos, nin de usuarios nin de traballadores, nos centros de atención a persoas con discapacidade da Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta