Morre Mariquiña Villaverde, unha das principais activistas antifranquistas da Coruña

Marea Atlántica pedirá se lle dedique unha rúa e se lle conceda o título de Filla Predilecta da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/06/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Morreu Mariquiña Villaverde. Morreu este venres aos 86 anos tras anos de loita pola memoria histórica. Foi activista pola memoria histórica e filla do secretario xeral da CNT en Galicia, José Villaverde, fusilado en 1936 por defender a liberdade.

Mariquiña Villaverde, activista pola memoria histórica da Coruña
Mariquiña Villaverde, activista pola memoria histórica da Coruña | Fonte: Marea Atlántica

“A de Mariquiña Villaverde é unha figura de rebeldía e dignidade, unha muller que nunca dobregou a súa vontade durante a ditadura, que nunca deixou de lembrar e manter viva a loita libertaria mesmo nos anos máis escuros do franquismo. Unha muller que sempre estivo en pé”, apunta a Marea Atlántica nun comunicado.

De feito, esta formación pedirá ao Concello da Coruña que lle faga unha homenaxe á súa figura, dedicándolle unha rúa e o título de Filla Predilecta da cidade, de xeito póstumo.

O seu testemuño quedou recollido nos documentais A pegada dos avós dirixido por Xosé Abad e rodado co alumnado do insituto Durmideiras; e Vencidxs, do colectivo Date Cuenta, xunto a un cento de superviventes da represión franquista. E foi tamén unha das protagonistas, en 2015, do acto no que o nome do asasino Millán Astray desapareceu do rueiro da Coruña para darlle paso á Praza das Atochas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta