Traballadores de Alu Ibérica na Coruña piden a Calviño a intervención do Goberno para a viabilidade da planta

A ministra de Economía e Gonzalo Caballero reciben a representantes dos traballadores antes dun mitin en Betanzos.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 28/06/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

Unha decena de traballadores da planta de Ali Ibérica na Coruña pediron este domingo á ministra de Economía, Nadia Calviño, a intervención do Goberno para asegurar a viabilidade da planta da Coruña.

Traballadores de Alu Ibérica concéntranse ante o recinto no que a ministra Nadia Calviño ofrece un mitin en Betanzo
Traballadores de Alu Ibérica concéntranse ante o recinto no que a ministra Nadia Calviño ofrece un mitin en Betanzo | Fonte: Comité de empresa.

Os traballadores que organizaran unha concentración con motivo da presenza da ministra nun mitin xunto ao candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, en Betanzos, foron recibidos por ambos os políticos socialistas antes do acto electoral.

Sobre as súas reclamacións, en declaracións aos medios durante a protesta, o delegado sindical de Comisións Obreiras Miguel Conde asegurou que a factoría de Alu Ibérica na Coruña, antiga Alcoa, continúa na mesma situación que en 2018 xa que non se avanzou "absolutamente nada" cara a unha solución. "Os traballadores estamos fartos de tantas promesas", manifestou.

"Primeiro", indicou, "porque non temos un prezo da enerxía estable". "E, despois, porque a venda que se realizou no seu día entre Alcoa e Parter, na que Parter despois vendeu ao grupo industrial Riesgo, cremos que iso non é legal", sinalou para asegurar que están "a expensas" de que o Executivo estatal "faga un recurso administrativo sobre estas empresas" para "esclarecer" a situación.

Ademais, en relación á aprobación do fondo de garantías para as electrointenvistas, aínda que considerou "importante" todo o que se poida facer para abaratar o prezo da enerxía, subliñou que se necesita ter xa para este segundo semestre do ano "un prezo da enerxía estable" que permita ás empresas saber canto lles vai a custar os megawatios.

"O que non pode ser é que sigamos sen ter o estatuto aprobado", censurou o sindicalista, que sostivo que as empresas se "cansan" e toman medidas como os ERE ou os peches.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta