Primeiro aviso da economía: o turismo caeu un 25% o 1º trimestre só polas dúas semanas de confinamento

As cifras trimestrais do INE reflicten un esborrallamento histórico das viaxes malia non ter en conta máis que os primeiros 15 días de estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/06/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

As cifras sobre actividade turística publicadas este luns 29 polo Insituto Nacional de Estadística (INE) veñen a confirmar o que todos dan por feito: que a Covid-19 e o confinamento terán un efecto destrutor sobre a economía que se manfestará particularmente sobre o sector servizos.

Viaxeiros nacionais chegados a cada comunidade autónoma durante o primeiro trimestre do ano.
Viaxeiros nacionais chegados a cada comunidade autónoma durante o primeiro trimestre do ano. | Fonte: Europa Press

Esta especial incidencia, que xorde da imposibilidade de "teletraballar" en bares e hoteis -e a desbandada de turistas- xa deixa sentir o seu impacto nas cifras de afluencia recollidas entre os meses de xaneiro de marzo deste ano, ambos incluídos. Pese a que situación de confinamento apenas afectou a dúas semanas do trimestre, o impacto da parálise é tal que as cifras reflicten unha caída do 28'77% en termos de afluencia de viaxeiros do total do estado, que nestes meses apenas chegaron a 1.431.000.

SOBEN AS PERNOCTACIÓNS

Agárdase que esta primeira caída, que tamén se deixa sentir na facturación -baixa un 20'73% con respecto ó ano pasado- volva a amosarse con moita maior forza cando os datos trimestrais do INE recollan na súa totalidade á etapa do confinamento. No que ós datos de viaxeiros galegos respecta, tamén se reducen o número de viaxes (un 24'51% menos en termos interanuais) e o gasto, que descende nunha proporción moito menor, apenas o 2'5%. En oposición á tendencia xeral, o INE indica un crecemento das pernoctacións de galegos nun 3'18%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta