Por E.P. | Vigo | 29/06/2020 | Actualizada ás 16:50
A Xunta de Galicia lamentou este luns que o Ministerio de Traballo non informe sobre a situación actual do mercado laboral na comunidade, e volveu pedir que "rectifique" a súa decisión de "confiscar" os fondos de emprego.
Así o trasladou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria do goberno galego, Francisco Conde, quen sinalou que, a día de hoxe, a Xunta non dispón de datos de cantos traballadores abandonaron a situación de ERTE para reincorporarse aos seus empregos.
Nesa liña, Conde sinalou que, nos últimos meses, rexistráronse en Galicia 26.000 desempregados máis, pero a Xunta "non dispón dos fondos necesarios para atender a esas persoas", tras a decisión do Executivo central de reter ese diñeiro.
O conselleiro pediu ao Ministerio de Traballo que informe da situación do mercado laboral en Galicia actualmente, unha información "verdadeiramente relevante" para coñecer o impacto da pandemia de coronavirus no tecido produtivo e adoptar medidas.
Conde criticou que o Ministerio "está a desenvolver medidas á marxe das Comunidades Autonómas", e advertiu de que o goberno galego precisa "maior colaboración" por parte do departamento que dirixe a galega Yolanda Díaz. "Con esta falta de colaboración énos complicado dar resposta ás persoas que perden o seu posto de traballo", recalcou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.