Cinco praias coruñesas terán bandeira azul este verán

Os areais contarán con 11 puntos de control de accesos.

Por E.P. | A Coruña | 29/06/2020 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

As praias da cidade terán este verán cinco bandeiras azuis, en concreto nos areais de Riazor, Orzán-Matadero, As Lapas, San Amaro y Oza,, que renovan a distinción que outorga a Asociación de Educación Ambiental e delConsumidor (ADEAC).

A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Esther Fontán, no izado da bandeira azul en Riazor
A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Esther Fontán, no izado da bandeira azul en Riazor | Fonte: Europa Press

"Un distintivo que confirma algo que xa sabiamos e é que os nosos areais cumpren unha serie de criterios relativos á limpeza, á calidade de augas de baño que teñen a cualificación de excelentes e á accesibilidade", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, durante o acto protocolario de izado da bandeira azul en Riazor.

Fontán lembrou que, debido á pandemia, este será un verán atípico, cos controis da capacidade nos areais para que se manteña a distancia de seguridade de 1,5 metros e se utilice a máscara ao entrar nos areais, porque "é necesario reducir riscos de contaxios".

Ante o comportamento xeral da cidadanía, o Concello confía, no entanto, en que sexa un verán tranquilo. "Non fixemos un camiño tan duro para estragalo agora todo", recalcou a concelleira.

CONTROL DO AFORAMENTO

Durante o acto, Fontán explicou que as praias contan cuns arcos de gran amplitude que levan incorporados uns sensores de paso que contabilizan as persoas que entran e saen dos areais e que levan conectado un semáforo para controlar a capacidade, que a sinaliza en tempo real en cada praia.

Ademais, haberá 11 puntos de control de accesos: tres na praia de Riazor, tres no Orzán, dous en Matadero, un nas Lapas, un en San Amaro e un na praia de Oza.

O Concello tamén informa en tempo real da capacidade das praias mediante uns paneis situados en distintos puntos da cidade, da web controlpraias.coruna.gal e un código QR. "Tratase de evitar que persoas que viven lonxe dos areais teñan que facer colas interminables unha vez que cheguen", explicou Fontán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta