As redeiras poderán optar a unha axuda máxima de 450 euros pola caída de actividade durante o estado de alarma

As redeiras non puideron beneficiarse da prestación por cesamento de actividade durante o estado de alarma

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O plan da Xunta para a reactivación do sector marítimo pesqueiro inclúe axudas por un total de 400.000 euros para as redeiras, un colectivo que non puido beneficiarse da prestación por cesamento de actividade durante o estado de alarma e que poderán optar a un pago único de 450 euros en compensación pola crise do coronavirus.

Poderán acceder a estas axudas as redeiras autónomas e asociadas a algunha entidade que levaran a cabo a súa actividade no ano anterior á data da presentación das solicitudes e que quedaran excluídas do cesamento de actividade durante o estado de alarma.

O plan 'Avantemar' tamén inclúe medidas para os profesionais do marisqueo que pararon temporalmente a súa actividade debido ao peche da canle 'Horeca' e que tampouco puideron beneficiarse do cesamento durante o estado de alarma.

Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez
Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta