O Clúster Galicia promoverá a primeira infraestrutura da futura Cidade do TIC na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 29/06/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Centro de Servizos Avanzados, o centro demostrador para a transformación dixital da industria galega impulsado polo Clúster TIC Galicia, será a primeira infraestrutura da futura Cidade do TIC, na Coruña.

Farao, segundo informa nun comunicado, tras a aprobación no último Consello da Xunta dunha achega de 4,82 millóns de euros.

A nova infraestrutura, que estará situada nunha parcela da antiga fábrica de armas, contará cunha superficie total de 4.600 metros cadrados e ofrecerá ás empresas do sector un espazo para levar a cabo demostracións, prototipos e lanzar proxectos.

Cluster
Cluster | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta