Debate: un Feijóo ausente non é quen de calar a unha esquerda que presenta a súa alternativa

O presidente estivo incómodo nun formato televisivo a sete que deixou a unha esquerda que se amosou unida fronte a un bloque de dereitas que tivo as súas diferencias. Estrea da ultradereita que pedía que se condene a violencia contra eles, mentres evita condenar a violencia machista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/06/2020 | Actualizada ás 01:29

Comparte esta noticia

Foi un debate que se iniciou soso, aburrido, encadrado nun formato difícil de aguantar para os espectadores. Sete líderes políticos con tres horas por diante. Pero a medida que ía pasando o tempo e os candidatos amosaban as súas propostas, ese "rigor mortis" inicial foi mudando e deixou momentos estelares cun líder do PSdeG defendendose a viva voz tras ser atacado simultáneamente por PPdeG, Ciudadanos e Vox, ou un candidato da ultradereita pedindo ao resto que condene a violencia cando Vox non condena nin a violencia machista e menosprecia a figuras como Castelao, que nin ousaba tocar o PPdeG.

Debate da TVG. CRTV
Debate da TVG. CRTV

Pero se algo claro deixou este debate é que, por primeira vez desde hai meses, puidose visibilizar certa unidade dentro dos partidos da esquerda galega que, evitaron, en todo momento, atacarse e mesmo evidenciaron a posibilidade dun goberno tripartito. E o máis incisivo nesa idea foi o candidato de Galicia en Común que repetiu en varias ocasións que a derrota de Feijóo pasa por un goberno progresista na Xunta xunto co PSdeG e BNG.

Todo o contrario do que aconteceu no bloque do centro dereita, dereita e ultradereita que, aínda que gobernan xuntos en varios concellos e autonomías, evitaron falar de futuros pactos e mesmo se atacaron entre si, especialmente, Vox e o PPdeG. E iso que hai uns días Ciudadanos abría esta posibilidade da que a súa candidata evitou falar durante o debate.

A esquerda sabe que a mobilización do voto é fundamental para retirar a Feióo da Xunta. E por iso insistiron en varias ocasións nesta idea. Tanto o candidato socialista, Gonzalo Caballero, como o representante de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, repetiron varias veces que se hai mobilización pode haber un Goberno "progresista" tras o 12X.

O único no que non coincidiron é en quen liderará a alternativa. Antón Gómez-Reino foi o único comedido, sabedor, quizais, que pinta pouco na ecuación do cambio. Foron Gonzalo Caballero e Ana Pontón os que competiron en varias ocasións por arrogarse ese liderato da futura coalición, os dous, ao mesmo nivel de decibelios.

PSdG, BNG E GALICIA EN COMÚN

Foi un debate sen un gañador claro, pero no que sorprendeu o candidato socialista, Gonzalo Caballero, que se presentaba como o máis débil da esquerda e cuxa imaxe saíu reforzada tras ser o primeiro que rompeu o xeo, deixando de lado a imaxe institucional, para atacar e defenderse sen pudor das acometidas de Vox, Ciudadanos e mesmo de Feijóo. Unha estratexia que logo seguiron Antón Gómez-Reino, de Galicia en Común; Ana Pontón, do BNG e, mesmo Pancho Casal, da Marea Galeguista.

Ana Pontón tentou manter unha liña institucional que lle funcionou moi ben no anterior debate electoral pero que neste, debido ao encorsetado do formato, non lle resultou doado manter, especialmente, polas críticas cruzadas que lle lanzaron desde Ciudadanos e Vox, lembrándolle continuamente a súa relación con Bildu e ERC.

Tampouco estivo cómodo Antón Gómez-Reino, especialmente ao inicio do debate, aínda que pouco a pouco foi colléndolle os tempos e o xeito ás discusións e acabou acurralando a Feijóo en momentos puntuais, sobre todo, cando lle falou da corrupción do PP ou as súas amistades con Pablo Casado e Marcial Dorado.

OS ARGUMENTOS DE FEIJÓO

O debate tamén serviu para comprobar que a esquerda presenta as cartas boca arriba e non engana a ninguén coa coalición. E, en fronte, está un presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, que insistiu nunha das súas máximas de campaña: será el ou un "multipartito". Ou el ou o "caos". Un argumento que leva repetindo durante duas lexislaturas consecutivas.

"Eu propoño un Goberno unido. Todos queren ser presidentes e resulta que Galicia necesita un Goberno unido, un presidente non secuestrado. O que quere Galicia é experiencia, non experimentos", repetiu ao tempo que calaba ante as acometidas dos grupos da esquerda que lle pedían unha e outra vez que se pronunciara sobre o pacto que o seu partido ten con Ciudadanos e Vox.  E iso, que o presidente galego buscou distanciarse de Cs e de Vox.

Cs, MAREA GALEGUISTA E VOX

Tamén sorprendeu a contundencia coa que se estreou a candidata de Ciudadanos, Beatriz Pino, que quixo amosar unha imaxe de moderación e contención que non puido manter durante todo o debate e no que buscou, a partes iguais, atacar a socialistas e nacionalistas, conseguindo poñer nerviosos e enfadados aos seus candidatos.

Pola súa banda, Pancho Casal (Marea Galeguista) deu por feito que apoiará calquera proxecto progresista, á vez que avanzou que á súa formación non lle interesa estar en ningún goberno e que o relevante é que no Parlamento haxa representantes dun partido "sen ataduras" desde Madrid.

Ricardo Morado, representante de Vox, insistiu, principalmente, nun argumento: que o resto dos partidos condenaran a violencia que, segundo dixo, se exerce contra o seu partido nesta campaña. Con todo, evitou, ao ser interpelado polo resto dos candidatos, condenar a violencia machista. Tamén protagonizou varios momentos tensos, entre eles, cando acusou, novamente, a Castelao de ser racista e de fomentar o linchamento contra os "patriotas" tras ler un parágrafo do Sempre en Galiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 Ana

Creo que a moitos galegos nos gustaría que se peguntase que opinan do bozal obrigatorio, distanciamento social, a vacunación obrigatoria, as praias parceladas, controis de temperatura, estados de alarma e confinamento... pois non somos poucas as persoas preocupadas polo recorte de liberdades que estamos a vivir e as suas consecuencias para a economía do pais. En definitiva que decimos NON ao Novo Orde Mundial ou a Axenda 2030 e temos mais medo a vacuna ou a morrer de fame que dun suposto virus que non parece mais mortal que a gripe de todolos anos.

1 5khx

Entre a lei mordaza, o bozal, e o ter que pedir permiso para todo, estan a levarnos para a idade media, e os señores feudais.

5 Ana

A única que falou de propostas (entre outras, a tarifa eléctrica galega) e demostrou estar preparada para gobernar foi a líder do BNG. O resto ou non teñen proxecto ou faran o que lles diga o seu partido en Madrid. En calquer pais do norte de Europa o BNG arrasaría nas eleccions (vendo as alternativas), aquí en Galiza parece que gusta votar para que sigamos emigrando, pechando empresas, con salarios e pensions baixas, peaxes caros ou con un rural abandoado e despoboandose. Sinto decilo pero os galegos teñen o que votan.

1 nostrus

La lider del BNG que tu nombras no vale para nada y ademas es incapaz de condenar la violencia hacia Vox. La violencia hacia Vox hay que condenarla siempre, indistintamente de los que Vox condenen o dejen de condenar, en eso se diferencian los democratas del resto. El BNG no es un partido serio, tan solo es una secta que se jacta de defender Galicia, pero solo defiende la mitad, de hecho no defiende la lengua española, tan de Galicia como el gallego y lengua que la mitad de gallegos tienen como propia. lo mas nocivo del bloque es que es capaz de obligar a los demas partidos a haceer el tonto.

2 José

Quen estea detrás do alcume Nostrus demostra estar mui nervioso e preocupado. Non se poden escrever tantas parvadas con tan poucas palabras.

3 nostrus

Trabúcaste José, non estou nervioso, sinon que me divirto moito cos bramidos naciotas. E xa teño dito que vivo no Barco de Valdeorras, inda que non son de aqui e non teño de que esconderme.O que necesitamos e un partido politico que mellore a vida da xente e faga que se respeten os direitos e o que non se precisa son sectas que nos digan o que facer nas nosas vidas tratando de evanxelizarnos na lingua verdadeira e tratando que os castelanfalantes se metan no armario. ¿Que gañaríamos si convirten a Galicia nunha rexion monolingüe en galego? , non hai vida intelixente no nacionalismo para explicalo. O problema é que nin PP nin PSOE estan pola labor, pero o bloque oblígaos a facer o ton-to para intentar quedar ben.

4 José

Nostrus, cando se te compoñen as neuronas parece que dis cousas ao xeito, é dicir, ao teu xeito. Mágoa que a maioría das veces desvaríes. Todos os partidos pretenden mellorar a vida da xente, empezando pola súa. Galicia non se vai converter en nada, non te preocupes. Os galegos non somos tan parvos. Algúns, iso si, andan enganados ou desganados.

4 Hahahahaha

O mellor do debate foi cando Tone lle dixo a Feijoo que quería marchar a Madrid. Tone, que é deputado en Madrid!! Hahahahahaha

3 Violeta 4

Iso non é unha esquerda. Iso é o caos absoluto. Imaxinade unha Xunta con consellerías repartidas entre PSOE, BNG, UPG, Anova, Podemos, Marea, Compromiso, Partido Galeguista....Teño que votar a Núñez, aínda que sexa co nariz tapado.

1 Voi

Non o tapes o naris, ti vaille dando...

2 Sentidiño

Os asesores do PP non son tan parvos: o debate un luns doce días antes da votación. Agora teñen toda a campaña para manipular dende tele, radio e xornais. Sorprendeume: Feijoo-20-GaliciaGaliciaGalicia fixo o ridículo