Feijóo propón polígonos agroforestais, aldeas modelo e 9 instrumentos máis para reactivar o rural: "Atopamos a tecla"

Defende a política de "impostos cero" no rural galego e vese con "lexitimidade" para pedir que o Goberno faga o mesmo en toda España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O quinto día de campaña electoral para o 12 de xullo e coa resaca do debate da CRTVG a sete bandas celebrado na noite de luns, levou ao candidato do PP á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a unha primeira parada na provincia de Ourense, na aldea de Osmo, concello de Cenlle, onde se comprometeu de novo co rural, sobre todo, como elemento imprescindible --dixo-- despois da crise sanitaria provocada polo novo coronavirus.

O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita á aldea modelo de Osmo, en Cenlle (Ourense)
O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita á aldea modelo de Osmo, en Cenlle (Ourense) | Fonte: PPdeG.

Por iso, Feijóo, que xa visitou a súa aldea natal e estivo nunha explotación gandeira, acudiu de novo ao rural este martes para expor as súas propostas nesta materia antes dunha reunión do Círculo de Empresarios en Vigo. Así, sostivo que se se mantén como presidente, haberá máis polígonos agroforestais, impulsaranse as chamadas 'aldeas modelo' --como o é a pioneira de Osmo, e xa hai 60 solicitudes máis-- e ratificouse noutros nove instrumentos máis para o rural, entre os que se atopan unha lei de calidade alimentaria e unha lei de recuperación e posta en valor da terra agraria.

"Atopamos a tecla para reactivar o rural con produtividade e economía sustentable", reivindicou nunha intervención pública tras visitar a aldea de Osmo. Este concepto de 'aldea modelo' responde a un enclave no que se potencian os cultivos ecolóxicos e a gandaría autóctona, como o 'porco celta' --no caso deste lugar ourensán--.

Feijóo tamén explicou os "nove instrumentos" cos que pretende dar impulso ao rural: lei de recuperación e posta en valor da terra agraria --regular todo o catálogo de terreos de produtividade agraria e forestal--; venda dos produtos autóctonos e dos polígonos agroforestais en mercados de proximidade 'mercaproximidad'; un banco de explotacións (sen perder a titularidade) insistir na produción agroforestal; unha lei de calidade alimentaria, co foco no sector cun plan estratéxico para a PAC 2021-2017 con estratexias sectoriais para o sector lácteo, cárnico, vitivinícola e apoio á produción apícola, oliva, aceite, hortofrutícola e agroecológica.

Xunto a eles, deseñar un plan de internacionalización das empresas agroalimentarias e outros proxectos "tractores" para reactivar a economía: "planta de fabricación de fibra forestal, centro de residuos e planta de hidróxeno verde".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta