Detido un veciño de Ortigueira por agredir cun pau a outro, que quedou inconsciente

Cando o agresor comprobou que a súa vítima non respondía tratou de auxilialo e "chamou rapidamente ao 061".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ortigueira detivo un veciño desta localidade de 49 anos tras ferir de gravidade a outro home de 30 anos e residente no mesmo municipio cun pau. Tras quedar a vítima inconsciente o agresor procedeu a auxilialo.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon despois de que tanto o agresor como un familiar se atoparan na beiravía da estrada tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima parou o seu vehículo e dirixiuse a eles. Entón produciuse a continuación "unha disputa", destacou a Benemérita.

Posteriormente, "o detido colleu un pau das ramas das árbores que se acababan de tallar e golpeou na cabeza ao agredido", destacaron as mesmas fontes, que indicaron que este caeu ao chan e quedou "inmóbil".

Cando o agresor comprobou que a súa vítima non respondía tratou de auxilialo e "chamou rapidamente ao 061", indicou a Garda Civil, que resaltou que acudiu ao lugar unha ambulancia que evacuou ao agredido ata o CHUF, desde onde tivo que ser trasladado ao Chuac.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ortigueira.

Policía Nacional © Miguel Núñez
Policía Nacional © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta