As universidades galegas terán cada unha o seu protocolo contra un posible rebrote de coronavirus

Cada unha das universidades terá que elaborar o seu propio plan xeral de prevención e control sanitario e as medidas terán que adaptarse a cada un dos seus centros, que á súa vez terán o seu protocolo específico no que se recollan as adaptacións necesarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou unhas instrucións dirixidas ao tres institucións académicas de face o próximo curso. O obxectivo, adaptar os ensinos e preparar os seus centros ante os posibles escenarios sanitarios ou rebrotes que se poidan producir de COVID-19.

Cada unha das universidades galegas está a se preparar ante calquera posibilidade que se poida dar o próximo período, tras a experiencia vivida tras a suspensión das clases a partir de marzo. De feito, a USC publicou este luns as directrices para o desenvolvemento da docencia o próximo curso, que coinciden en gran medida co documento publicado pola Xunta este martes.

Cada unha das universidades terá que elaborar o seu propio plan xeral de prevención e control sanitario e as medidas terán que adaptarse a cada un dos seus centros, que á súa vez terán o seu protocolo específico no que se recollan as adaptacións necesarias.

Doutra banda, a guía docente de cada unha das materias do plan de estudos de cada titulación oficial terá que incluír un apartado chamado 'plan de continxencia' para adaptar os seus contidos, metodoloxías e sistemas de avaliación aos posibles escenarios.

As universidades terán que remitir os documentos da totalidade de materias que se impartirán o próximo curso tanto á Secretaría Xeral de Universidades como á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta