O turismo de partamentos e casas rurais caeu un 97% este maio con respecto ao ano anterior

Houbo 108 traballadores en casas rurais e 90 en apartamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Algúns apartamentos turísticos e casas rurais retomaron a súa actividade en maio en Galicia, tras estar pechados en abril polo confinamento, cun total de 1.740 viaxeiros, que supuxeron algo máis de 9.500 pernoctacións.

Unha traballadora protexida con máscara e biombo desinfecta dentro das instalacións dunha casa rural. Ricardo Rubio - Europa Press
Unha traballadora protexida con máscara e biombo desinfecta dentro das instalacións dunha casa rural. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Estas cifras supoñen unha caída da actividade próximo ao 97% respecto ao mesmo mes do ano anterior. De feito, nestes datos de aloxamentos extrahoteleros que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE) figura que non houbo ningunha reapertura en albergues e cámpines, tan só en apartamentos e casas rurais.

A modo de exemplo, en maio deste ano había medio centenar de casas rurais abertas fronte ás 562 dun ano antes, mentres o número de prazas estimadas en apartamentos eran este ano menos da metade que no quinto mes de 2019.

O feito de reabrir no estado de estado de alarma e aínda con restricións á mobilidade provocou unha caída en picado no emprego en maio. O persoal contratado este ano en casas rurais era de 108 traballadores --886 en 2019-- e de 90 en apartamentos --319 en 2019--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta