Triunfo para os interinos: unha sentencia tumba a normativa da Xunta que poñía teito ó seu ascenso na administración

A CIG esixe ó executivo de Feijóo que amplique a xurisprudencia "con carácter retroactivo" e "xa, sen agardar que a sexa firme".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Os empregados públicos en réxime de interinidade poderán acceder ó grao máximo de carreira administrativa, que conleva, entre outras vantaxes, unha remuneración superior. Así o sinala, segundo o sindicato CIG, unha resolución xudicial que tumba a norma da Xunta de Galicia que impedía o acceso deste tipo de traballadores ó máximo nivel laboral.

Protesta dos profesores interinos
Protesta dos profesores interinos | Fonte: REMITIDA

Aínda que a sentencia, apuntan, atinxe exclusivamente a un traballador, os efectos desta "van máis alá do individual", segundo defenden dende o sindicato, que testemuña que a xurisprudencia contará con "carácter xeral" ao declarar "nulo, por discriminatorio o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da Xunta con CCOO e UGT de acceso ao grao I do sistema", apuntan.

Ante esta circunstancia, a confederación insta á Xunta a comezar a aplicar a resolución xudicial ó sistema de promoción do emprego público "xa, sen agardar a que a resolución sexa firme" e, á parte, con carácter retroactivo. Neste aspecto, o sindicato esixe á administración autonómica que aplique o novo marco legal -que contempla a promoción dos traballadores a través dun réxime extraordinario- a todos os supostos acontecidos dende o 1 de xaneiro de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta