O sector da educación tamén se mobiliza contra as privatizacións de Feijóo

Queren que non se lle entregue a partida 'extra' de Educación á concertada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/07/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A plataforma #OPOñomeaestaOPO convocou unha concentración silenciosa o venres, ás 12,00 horas, ante San Caetano, en Santiago de Compostela, en defensa do ensino público e en demanda, entre outras reivindicacións, dun aumento do profesorado o próximo curso. Nun comunicado, aseguran que o colectivo segue "en loita polo ensino público" e que, tras as últimas noticias anunciadas pola Xunta respecto ao comezo do curso 2020-2021, decidiron mobilizarse "unha vez máis".

Concentración diante da Xunta  convocada pola Unión Sindical de Docentes de Galicia
Concentración diante da Xunta convocada pola Unión Sindical de Docentes de Galicia | Fonte: remitida

Fano, explican, para esixir "que se garantan uns dereitos mínimos ao alumnado, familias e docentes", unha petición que cristaliza en demandas diversas. Entre estas, citan "o aumento do profesorado para garantir unha educación presencial de calidade para todos, que a partida orzamentaria extra, supostamente destinada á educación pública, se destine á educación pública", recalcan.

Ademais expoñen "unha rectificación no referido a a eliminación das liñas educativas no ensino público e o incremento na concertada", así como "postular medidas específicas e claras" para o próximo curso "para propiciar unha óptima preparación docente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta