Dous senadores do PP de Ourense compatibilizan o cargo e salario con outras actividades

Francisco Fernández declara media ducia de actividades, entre elas a Alcaldía de Leiro, e Miguel Viso, unha explotación vitícola.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 01/07/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Pleno do Senado deu este mércores o visto e prace ás declaracións de actividades presentadas por 138 senadores e autorizou a 59 deles a ter outra tarefa á marxe da parlamentaria como alcaldías e concellarías, o exercicio da avogacía por conta propia, dar clases, escribir libros e participar en faladoiros.

Entre eles figuran dous senadores galegos, ambos os do Partido Popular e os dous electos pola provincia de Ourense. Trátase de Francisco Fernández, que declara media ducia de actividades, entre elas a Alcaldía do municipio ourensán de Leiro; e Miguel Ángel Viso Diéguez, o único senador adicado ao sector agrario.

Hemiciclo novo do Senado. SENADO - Arquivo
Hemiciclo novo do Senado. SENADO - Arquivo

Francisco José Fernández Pérez é senador por Ourense, alcalde de Leiro, presidente de dúas mancomunidades (Concellos do Ribeiro e Terras do Avia), presidente do Grupo de Desenvolvimiento Rural GDR-12 e ademais farmacéutico titular e propietario de oficina de farmacia.

Miguel Ángel Viso Diéguez, electo por Ourense, secretario do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense e viticultor na Denominación de Orixe Ribeiro.

Os senadores están obrigados a comunicar á Cámara calquera outra actividade que pretendan manter ademais do traballo parlamentario, que é incompatible con outros traballos. Non poden cobrar outro soldo público e se queren manter algunha actividade privada, non poden contratar co sector público nin aproveitarse da súa situación de senador, e esa outro labor non pode "supor menoscabo da dedicación absoluta ás tarefas parlamentarias".

Con estes criterios, a Comisión de Incompatibilidades revisou as declaracións de case a metade de senadores e está pendente de facelo con outros 127. A lexislatura arrincou en febreiro pero o peche do Senado polo estado de alarma ante o coronavirus interrompeu este traballo, que se renovou agora. Todas as declaracións publicaranse na web do Senado unha vez aprobadas.

CARGOS 

Dos 138 casos revisados, 59 declaran ter outra actividade; entre eles hai 18 con cargo en concellos ou parlamentos autonómicos (só cobran un soldo público) e varios teñen tamén un posto orgánico no seu partido, como a presidenta do PSOE, Cristina Narbona, e o tesoureiro nacional do PP, Sebastián González.

Tamén é habitual que as súas señorías participen en conferencias, cursos, faladoiros e similares, ou sexan profesores universitarios, actividades que teñen que comunicar á Cámara. Ademais, unha decena deles mantén un despacho de avogado por conta propia e recibiu permiso do Senado para iso. É o caso dos 'populares' Salomé Pradas (portavoz adxunta do PP no Senado), Rafael Hernando (secretario terceiro da Mesa do Senado), Fernando Martínez-Maillo ou Luís Rogelio Rodríguez Comendador. Tamén, dos socialistas Javier Ruiz de Diego e Francisco Fajardo.

OUTRAS ACTIVIDADES

Tamén declara media ducia de actividades o tamén 'popular' José Ignacio Landaluce, senador electo por Cádiz, alcalde de Alxeciras,membro da Mancomunidade de Municipios do Campo de Xibraltar, Presidente da Asociación Española de Centros Médicos Psicotécnicos ASECEMP (sen remuneración), médico e xerente "de centros médicos privados sen concerto oficial", segundo consta na súa declaración.

Santiago José Castellà Surribas, senador do PSC, ademais de parlamentario dirixe un máster universitario, é membro do padroado de catro fundacións privadas sen remuneración (Trencadis, Ferrer i Guàrdia, Carmen Chacón e Prol-Real Academia Europea de Doutores) e dá conferencias e seminarios.

Entres os senadores cuxas declaracións se revisaron están os portavoces de varios grupos parlamentarios pero só un declara outra actividade, Josep Lluís Cleries (Junts per Catalunya), que preside o padroado dunha fundación privada, Cassiá Just, que ofrece saídas laborais a persoas con enfermidades mentais e en risco de exclusión social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta