Máis de 570 aspirantes realizan este mércores probas para optar a 139 prazas de auxiliar de Policía Local

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Máis de 570 aspirantes optan a unha das 139 prazas de auxiliar de Policía Local que oferta a Xunta a través da convocatoria unificada na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Os participantes realizan este mércores o segundo exercicio do test de coñecemento, así como a proba de avaliación de coñecemento de lingua galega para o non exentos no recinto da Feira Internacional de Galicia.

A proba de coñecementos consiste en 50 preguntas tipo test do temario proposto na convocatoria, con catro respostas posibles e soamente unha correcta. Os aspirantes dispoñen dun total de 60 minutos para respondelas. A Xunta informou de que as respostas correctas publicaranse este xoves na web da Agasp e o luns coñecerase a listaxe de aptos nesta segunda proba.

Dáse así continuidade ao proceso que comezou a semana pasada coas probas físicas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, nas que os participantes tiveron que cumprir o protocolo en relación á COVID-19 que incluía a obrigatoriedade de levar máscara e manter a distancia social, así como presentar unha declaración responsable sobre a ausencia de síntomas do virus nos últimos 14 días.

Probas de auxiliar de Policía Local.. XUNTA
Probas de auxiliar de Policía Local.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta