A Xunta dá marcha atrás en campaña electoral e permitirá a apertura dalgúns centros de día o 15 de xullo

A pesar de que Feijóo insistiu en que se ían manter pechados para "protexer a saúde dos maiores", a Consellería de Política Social anunciou que permitirá a súa reapertura, mes e medio antes da data inicialmente fixada.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/07/2020 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Algúns centros de día poderán abrir a partir do 15 de xullo, mes e medio antes da data fixada pola Xunta. E iso, que tanto a Consellería de Política Social, como o propio presidente galego insistiron unha e outra vez que non ía ser ata setembro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA

 

De feito, o propio Feijóo defendía o pasado luns, no debate da TVG, e este martes nunha entrevista en EP, que os centros de día estarían pechados ata setembro para "protexer aos maiores". "Hainos que xa están abertos con cita previa e buscamos solucións alternativas para as familias", indicaba. E xa avanzaba que outros máis abrirían cando finalice a formación específica.

 

Precisamente, a Consellería de Política Social anunciaballe xa este xoves aos membros da Plataforma de Centros de Día de Galicia, que xa poderían abrir algúns destes centros a partir do 15 de xullo, tal e como recolle DdT. Serán todos aqueles que presentaran ante a autoridade sanitaria (as respectivas xerencias sanitarias) o plan de reactivación que esixían, ademais de acreditar que recibiron a formación e que fixeron acopio do material para manter as medidas de hixiene.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta