O presidente galego: "Sen a Covid, Galicia pecharía o ano con 45.000 parados menos"

Celebra o dato "esperanzador" do paro de xuño pero rexeita "enganar" porque son "momentos moi complexos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que, sen a COVID polo medio", Galicia estaría a pechar lexislatura "cuns 45.000 parados menos" que cando empezou en 2016, o que interpretou como unha evidencia de que as políticas económicas impulsadas polo seu Executivo funcionan.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press

Con todo, celebrou o último dato do paro en Galicia, do que destacou que é "esperanzador", pero advertiu, ao tempo, que non quere "enganar a ninguén" e apelou a ser "realistas" nun contexto marcado pola pandemia que carrexa "momentos moi complexos" para a economía.

Así se pronunciou tras coñecerse que o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo INEM) en Galicia baixou en 6.428 persoas (-3,36%) en xuño respecto ao mes anterior, pero que supón un crecemento de case un 19% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. 

Por iso, recoñeceu que, sendo consciente do "enorme risco" que levará o fin dos ERTE de forza maior, manifestou que espera que este verán poida haber datos que dean "lugar a esperanza". Todo iso, dixo, "sen enganar a ninguén", xa que a economía vive, por mor da pandemia, "momentos moi complexos" en Galicia e España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta