Baixa a creación de empresas en xuño con respecto a hai un ano, pero duplícase en comparación con maio

Aumentan as disolucións e os concursos fronte ao mes anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a creación de 241 empresas en xuño, o que supón un retroceso do 4% respecto ao mesmo mes de 2019, pero duplícase en comparación co mes de maio. Segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), obsérvase unha recuperación na constitución de sociedades en xuño --mes de entrada na chamada 'nova normalidade'--, xa que son 132 máis que as 109 do mes de maio --aínda en confinamento--.

Por provincias, Pontevedra está á cabeza na creación de empresas en xuño (109), seguida da Coruña (84) e máis distancia por Ourense (30) e Lugo (18). O capital medio subscrito por cada sociedade constituída ascendeu a 45.170 euros. Case todas as creadas foron SL (237), salvo unha SA e tres empresas doutro tipo.

A presenza de sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas con 241 socios fronte ás 60 socias, que só supoñen o 20% do total. O 75,5% das sociedades creadas están compostas por un só socio e o 20% por dous.

O maior grupo de empresas creadas en xuño é o da rama do comercio (o 22,8%). Séguenlle: hostalaría (14,5%), industria e enerxía (10,4%) e actividades inmobiliarias, financeiras e seguros (10,4%).

Sit-caseta desk, escritorio, traballo. FLICKR - Arquivo
Sit-caseta desk, escritorio, traballo. FLICKR - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta