Os concursos de acredores golpean ás empresas do Estado, pero non a Galicia

A comunidade rexistrou en xuño un descenso do 4%, xusto o mesmo que sobe a conta estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O coronavirus provocou unha caída dos concursos de acredores que, segundo apuntan dende Informa D&B, contará cun rebote "substancial" nos meses vindeiros. En concreto, os concursos de acredores realizados no primeiro semestre en Galicia foron 106, o que se traduce nunha baixada do 9% respecto ao mesmo período de 2019, segundo un estudo da mesma empresa. A caída é menos acusada que o 19% de retroceso que rexistrado no Estado.

Fábrica de automóbiles. GRUPO PSA - Arquivo
Fábrica de automóbiles. GRUPO PSA - Arquivo

No tocante ao mes de xuño, a cifra de concursos en Galicia é case idéntica a un ano antes, descendendo de 25 a 24, un 4%. Pola contra, no marco do Estado os procedementos concursais incrementáronse tamén nun 4% en termos internuais, un rebote que, segundo a empresa, sitúa os valores "en cifras precovid", chegando ás 1.034 disolucións.

SUBAS "NOS PRÓXIMOS MESES"

O informe consultado alerta que tras un trimestre "no que apenas se contabilizaron concursos é de esperar que nos vindeiros meses os números de procedementos concursais se eleven de xeito "substancial". A nivel estatal, este proceso afecta especialmente ás microempresas, que supoñen o 79% das peticións rexistradas en xuo. O restante 21% corresponde a Pemes e tan só unha empresa de gran tamaño.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta