Vox pide protección policial nos mitins de Lugo e A Coruña pola pesenza de grupos antifascistas

Di que "non están a poder desenvolver as súas actividades con normalidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Vicesecretaría Xurídica de Vox denunciou ante a Xunta Electoral de Galicia dúas concentracións convocadas por grupos denominados antifascistas contra os mitins que o partido prevé celebrar nas cidades de Lugo e A Coruña este fin de semana.

Segundo advirte a formación a través dun comunicado, trátase de dúas mobilizacións organizadas por "grupos radicais" e "violentos", para as que piden "a acción policial necesaria" para que non se produzan e que os seus actos de campaña se poidan desenvolver "sen presións e sen risco para a integridade física" dos asistentes.

En concreto, Vox denunciou ante a Xunta Electoral galega dúas concentracións convocadas por plataformas denominadas "antifascistas", principalmente a través de redes sociais. A primeira, este venres en Campo Castelo en Lugo, e a segunda, fronte ao Palexo na Coruña organizada por Acción Antifascista, coincidirán cos mitins que ofrecerá o presidente do partido, Santiago Abascal.

Por iso, a formación reclama que as forzas e corpos de seguridade do Estado impidan "que se poida coaccionar aos asistentes e convocantes destes actos", que "non están a poder desenvolver as súas actividades con normalidade" durante a campaña das eleccións vascas e galegas do 12 de xullo. E é que, segundo Vox, "todos os actos" do partido son recibidos con concentracións "ilegais" convocadas por "grupos radicais e violentos de extrema esquerda" que, nalgúns casos, "chegaron a agredir aos asistentes".

Un grupo trata de boicotear o acto de Vox no arranque da campaña das galegas
Un grupo trata de boicotear o acto de Vox no arranque da campaña das galegas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CastelaoPaSogama

O mais curioso dos grupos antifa europeos, que disque loitan contra o capitalismo, é que están financiados desde USA polos primeros capitalistas do mundo, precisamente para desviar a atención sobre chorradas, e manter o actual statu quo capitalista.