A Xunta só compensa aos procuradores da quenda de oficio pola baixa actividade por mor da COVID-19

Destinará case 150.000 euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou que compensará aos procuradores da quenda de oficio con 149.000 euros pola baixa actividade como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19 e coa intención de "contribuír ao seu funcionamento e mantemento". Segundo informou nun comunicado este venres o Goberno galego, a intención é axudar a "paliar o impacto provocado pola pandemia no sector", que é "un servizo público básico e esencial".

A medida, apuntan dende o executivo de Feijóo, é de carácter "urxente" para facer fronte ás "circunstancias excepcionais" que a enfermidade está a causar en todos os ámbitos. Con todo, a maior parte destes profesionais --a maior parte deles autónomos-- quedará sen esta axuda, a pesar de non traballar durante a pandemia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA | Fonte: ANA VARELA

As autoridades autonómicas destacaron o carácter "fundamental" da asistencia xurídica gratuíta á hora de garantir a igualdade de condicións de todos os cidadáns. O anuncio a Xunta pasa a engrosar a listaxe de compensacións e axudas económicas anunciadas para distintos colectivos cando xa se albisca no horizonte a cita electoral do 12X. A máis sonada destas medidas foi o 'bono sanitario' anunciado por Feijóo, que finalmente tivo que retirar a iniciativa ante o rexeitamento da comunidade médica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta