Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 18:59
Cada centro da Universidade da Coruña contará co seu plan de prevención e hixiene, medidas de continxencia e distribución de horarios para garantir o acceso gradual do alumnado.
Estas son algunhas das medidas aprobadas este martes en Consello de Goberno, como xa avanzou o reitor coruñés, Julio Abalde, durante un encontro realizado esta semana entre o ministro de Ciencia, Pedro Duque, e os responsables das institucións académicas galegas.
Ademais das medidas convenientes para evitar aglomeracións e manter a distancia de seguridade, incluirase unha planificación de horarios que permita distribuír gradualmente o acceso a edificios, aulas e outros espazos, mentres que aqueles que non dispoñan clases para permitir a docencia presencial terán que optar por un sistema híbrido e combinado coa virtual.
Así mesmo, terán que contar cun plan para unha hipotética suspensión da actividade debido ao coronavirus, e establécese a avaliación continua como o criterio xeral. Como indicou a Xunta nas súas instrucións, cada guía docente contará cun plan de continxencia e as adaptacións necesarias no caso de decretarse un novo confinamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.