O BNG denuncia a VOX por un "delito de incitación ao odio, inxurias e calumnias"

A denuncia baséase nas frases que aparecen na propaganda electoral da formación de ultradereita que acusa aos nacionalistas de ter convidado "a un grupo terrorista" a un mitin.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O BNG presentou este venres unha denuncia ante a xunta electoral central (JEC) contra o mailing que a formación política Vox está a distribuír nos domicilios galegos con mensaxes que, a xuízo da formación nacionalista, "poden ser constitutivas dun delito de incitación ao odio, inxurias e calumnias".

Nun comunicado, explican que nesa publicidade electoral inclúense mensaxes como "os separatistas do BNG convidaron a un grupo terrorista ao seu mitin en Santiago", que son "unha total falsidade, bulos que non teñen máis obxecto que promover odio e xerar desconfianza contra a formación nacionalista e contra os principios que defende".

Por tanto, o Bloque considera que "non debe permitirse que este tipo de mensaxes poidan ser difundidas impunemente nos domicilios galegos", servíndose para iso "do proceso electoral" e da posibilidade de facer mailing masivo para "verter inxurias e calumnias que poden ser constitutivas de delito".

Así, pide suspender este tipo de envíos e que se analice se as mensaxes son constitutivos dalgún dos delitos que se mencionaron na denuncia.

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta