Feijóo ten que abandonar un mitin escoltado pola Guardia Civil polas protestas de recortes en sanidade

Foi en Verín este venres. Numerosos veciños recibiron ao presidente galego cunha sonora cacerolada que só foi apoiado por alcaldes e militantes do seu partido que se encararon cos manifestantes.

Por Galicia Confidencial | Verín | 04/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Nin o medo ao coronavirus, nin algunhas enquisas que dan unha nova maioría ao Partido Popular acovardaron aos veciños de Verín. Moitos deles recibiron e despediron este venres a Alberto Núñez Feijóoo cunha sonora cacerolada no mitin que o candidato popular celebrou nesta localidade, unha das máis castigadas polos recortes sanitarios da Xunta e que tivo pechado o seu paridoiro durante meses.

A Guardia Civil e gardacostas protexen a Feijóo
A Guardia Civil e gardacostas protexen a Feijóo | Fonte: DdT

O PPde celebrou neste concello un acto político no campo de fútbol. Un acto para o que mobilizou a numerosos militantes e alcaldes da comarca. Xa a entrada tivo que recibir berros de desaprobación, pero os berros máis grandes recibiunos á saída. O presidente en funcións saíu acompañado á súa dereita polo voceiro local do PP de Verín, Jiménez Morán, e dirixiuse ao seu vehículo oficial mentres os manifestantes coreaban consignas en defensa da sanidade pública.

A xente, cacerola en mans, achegouse a pouco máis de 15 metros do coche de Feijóo e as forzas de seguridade, apoiados pola propia escolta do candidato popular, conteron o seu avance ata que o presidente do PP abandonou a Praza da Mercé no seu coche oficial tal e como informa DdT.

ALCALDES DO PP ENCÁRANSE COS MANIFESTANTES

Antes de que partise o automóbil, incrementouse de xeito destacado o volume das protestas e, nada máis arrincar, os manifestantes dirixiron as súas voces cara os alcaldes populares que acaban de despedir ao seu líder. Nese momento, tres deles -Luciano Rivero, alcalde de Cualedro; Manuel Cardoso, rexedor de Vilardevós, e José Luis Suárez Martínez, do Concello de Monterrei-, algúns moi cerca da barreira establecida pola Garda Civil, encaráronse co público e comezaron a berrar "Presidente, presidente", erguendo o nivel de crispación xa existente dende media tarde na praza.

Tanto Cuquejo como Cardoso enfrontaron claramente ao público, pero foi Suárez Martínez a quen máis crispado se lle viu nese mesmo momento, poida porque nestes días, diante das portas do seu concello, está a sufrir as protestas polo peche, esta vez, do consultorio de Albarellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Ana

Que non me falen de liberdade partidos que defenden a vacunación obrigatoria. Que non me falen de patriotismo partidos que son globalistas. Que non me falen de coherencia partidos que están contra as autonomias e se presentan a unhas eleccions autonómicas. E os que falan de "blilinguismo" quero escoitalos falando algunha vez en galego e defendendo ese "bilingüismo" na xustiza, ensino infantil e universitario, empresas, cinema, medios de comunicación,etc. E por suposto defendendo tamen o "blilinguismo" en Castela, ¿ali podes aprender o galego, catalan ou euskera?. Sinto decilo pero os únicos coherentes e defensores da liberdade na Galiza somos os nacionalistas. Ah! e aos que se preguntan sobre a orixe de Colon recomendolles ver en YouTube o video "La clave de Cristóbal Colon, el noble gallego que descubrió America"

1 Da igual

Respecto a túa opinión en todo menos nunha cousa, suponho porque non tes coñecementos, pero estar en contra da vacunación obrigatoria é moi grave. Infórmate sobre o tema antes de falar,a humanidade deixará de existir por esa xente ou os que non respectan o medio ambiente, a saber quen a lía antes

7 uu1

Nostrus leva razão em uma cousa, na Galiza há uma língua OFICIAL excluída e descriminada em quase todos os âmbitos públicos, alguém adivinha qual é? A LÍNGUA GALEGA É EXCLUÍDA E DESCRIMINADA na educação (obrigatória), diretamente quase excluída da universidade, e não digamos na justiça, policia, guarda civil, admiração do estado, sanidade, meios de comunicação, na TV há possibilidade de escolher o idioma galego? TODO ISTO VAI CONTRA O DIREITO DAS PESSOAS GALEGO FALANTES

1 nostrus

Trabúcaste uu1, o galego non esta discriminado, pero o que SI esta discriminada é a lingua na que ti escribes e nin é oficial. Posiblemente te atopes desorientado e non saibas onde estás. Recoméndoche que te serenes, reflexiones e renegues do espiritista que te adoctrinou.

2 nostrus

Vox demuestra ser menos fascista que los grupos antifascistas que acuden a increparlos, que seguro que dichos grupos estan repletos e infectados de seguidoes del bloque. Y llego a tal conclusion porque el otro dia en el debate en la tvg Ana Ponton se negó a condenar las agresiones hacia Vox.

3 uu1

A LÍNGUA GALEGA ESTÁ EXCLUÍDA E DISCRIMINADA, você não argumenta nada porque não pode argumentar em contra da realidade. Por isso segue fazendo, como sempre demagogia, repasse meus comentários em anteriores novas, não os vou repetir. A definição dos seus admirado vox deuna Castelao há muito tempo “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a conviver com todas as raças, o nacionalismo racista é um delito e também um pecado. Endejamais medimos os diâmetros do nosso crâneo, nem lho medimos a ninguém para ser admitido na nossa comunidade”. Vox=nacionalismo racista. Você precisa educação, viajar para conhecer e valorar a diversidade

6 Xocagv

Deixa, o galego só é para pessoas com certo nível de capacitação, há muitas pessoas que nunca serão capazes de o falar , é uma limitação intelectual, que lhe imos fazer, é assim, não há outra: são incapazes, é uma língua muito complicada para eles e prefirem que desapareça para lhes evitar reconhecerem a sua incapacidade.

1 D.Vito

Ti es parvo?

5 Violeta 4

Justo lo que necesita Núñez Feijóo para arramblar con un diputado más; que los que le hacen oposición se identifiquen con grupos violentos que en Galicia no cuentan con ninguna simpatía. A este paso el PP bate todos los records.

1 Ángel

¿Grupos violentos por qué? ¿Por defender la Sanidad Pública de todos? La única violencia que veo en las noticias son los golpes contra las cacerolas de sus dueños. ¿Entonces todo el que le lleva la contraria a un político es violento? Gracias por responder a estas sencillas preguntas.

2 Violeta 4

Violentos porque se ve y se oye perfectamente en la imagen que están intentando echar fuera de un pueblo a un ciudadano, que casualmente es el presidente de Galicia porque así lo quisieron una mayoría amplísima de gallegos. Llevar la contraria a un político, como los demás hacemos todos los días, no tiene nada que ver con este comportamiento impresentable. A mi no se me ocurre acudir en ese plan a un mitin del BNG ni del PSOE o Podemos por mucho que deteste sus políticas regresivas. Sabes también que a este tipo de gente la Sanidad Pública le importa cero. Con el manto de falsas banderas suelen defender sus intereses personales, sindicales y políticos junto con los chiringuitos que suelen parasitar lo público. La Sanidad Pública la defendemos los que la pagamos trabajando y generando impuestos para mantenerla, y no cuatro vividores vociferantes. Votaré por el PP pero jamás iré a hacer este espectáculo a ningún mitin de Caballero o Pontón.

3 Ros

A ti no che dá para máis non? Son veciños e veciñas que defenden o seu. Vaia nivel de cegueira tes!

4 CastelaoPaSogama

Vai arrasar pq lle ten collido o punto á ruralada: dalles pulpo, viño e tortilla a fartar; cultura de sacho, churrasco e Luar. Vos seguide mitificando á Galicia profunda e non hai dios que saque ao PP da Xunta.