Feijóo ten que abandonar un mitin escoltado pola Guardia Civil polas protestas de recortes en sanidade

Foi en Verín este venres. Numerosos veciños recibiron ao presidente galego cunha sonora cacerolada que só foi apoiado por alcaldes e militantes do seu partido que se encararon cos manifestantes.

Por Galicia Confidencial | Verín | 04/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Nin o medo ao coronavirus, nin algunhas enquisas que dan unha nova maioría ao Partido Popular acovardaron aos veciños de Verín. Moitos deles recibiron e despediron este venres a Alberto Núñez Feijóoo cunha sonora cacerolada no mitin que o candidato popular celebrou nesta localidade, unha das máis castigadas polos recortes sanitarios da Xunta e que tivo pechado o seu paridoiro durante meses.

A Guardia Civil e gardacostas protexen a Feijóo
A Guardia Civil e gardacostas protexen a Feijóo | Fonte: DdT

O PPde celebrou neste concello un acto político no campo de fútbol. Un acto para o que mobilizou a numerosos militantes e alcaldes da comarca. Xa a entrada tivo que recibir berros de desaprobación, pero os berros máis grandes recibiunos á saída. O presidente en funcións saíu acompañado á súa dereita polo voceiro local do PP de Verín, Jiménez Morán, e dirixiuse ao seu vehículo oficial mentres os manifestantes coreaban consignas en defensa da sanidade pública.

A xente, cacerola en mans, achegouse a pouco máis de 15 metros do coche de Feijóo e as forzas de seguridade, apoiados pola propia escolta do candidato popular, conteron o seu avance ata que o presidente do PP abandonou a Praza da Mercé no seu coche oficial tal e como informa DdT.

ALCALDES DO PP ENCÁRANSE COS MANIFESTANTES

Antes de que partise o automóbil, incrementouse de xeito destacado o volume das protestas e, nada máis arrincar, os manifestantes dirixiron as súas voces cara os alcaldes populares que acaban de despedir ao seu líder. Nese momento, tres deles -Luciano Rivero, alcalde de Cualedro; Manuel Cardoso, rexedor de Vilardevós, e José Luis Suárez Martínez, do Concello de Monterrei-, algúns moi cerca da barreira establecida pola Garda Civil, encaráronse co público e comezaron a berrar "Presidente, presidente", erguendo o nivel de crispación xa existente dende media tarde na praza.

Tanto Cuquejo como Cardoso enfrontaron claramente ao público, pero foi Suárez Martínez a quen máis crispado se lle viu nese mesmo momento, poida porque nestes días, diante das portas do seu concello, está a sufrir as protestas polo peche, esta vez, do consultorio de Albarellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Ana

Estou farta de protestas e de queixas da xente polo abandono do rural, a situación da sanidade, a emigración da xuventude, as pésimas infraestructuras, o peche de empresas... para logo ver como se sigue votando aos mesmos de sempre. Se votades centralismo e neoliberalismo logo non vos queixedes se recortan en sanidade, non se nacionalizan empresas paras salvar postos de traballo ou non nos beneficiamos de producir enerxia cunha tarifa eléctrica galega. Ah! e desta vez votar PP e o mesmo que votar Vox pq se suman van pactar e iso supon mais discriminación para a nosa lingua e menos autogoberno, e decir, ruina cultural e económica. Por ultimo, informadevos que opina Vox sobre a vacunación obrigatoria para logo non chorar despois de votalos ou votar a quenes pactan con eles. Xa esta ben da Galicia que se queixa pero no fai nada para mudar as cousas.

1 nostrus

Ana, tu tienes un preocupacion por la lengua gallega similar a los ultracatólicos que tienen preocupacion por la fe cristiana. Si te importa Galicia deberias estar preocupada por la identidad lingüistica que no es otra que el bilingüismo, ya que una Galicia monolingüe en gallego solo esta en vuestras mentes desorientadas de la realidad y del tiempo. Dime cuanto seríais capaces de dar porque los gallegos no comprendieramos el español y sabremos cuanto amais a Galicia. Bilingüismo y diversidad SI, pajas mentales ultragalleguistas NO.

2 Ana

Os unicos bilingues en Galiza somos os que defendemos a lingua galega. Os que non son bilingues son os que se puidesen erradicarian o galego do ensino, administracion, toponimia, etc. Simplemente confunden España con Castela e por iso lles sobra a lingua galega que por certo e a lingua mais fermosa do mundo e era falada por Reis sabios e mesmo polo galego (e non xenoves) que descubreu America. No fondo odian a nosa lingua pq lles lembra que somos unha nacion e non poden aceptar que o primer reino da peninsula fose o reino de Gallaecia.

3 nostrus

Ana, no es lo mismo ser bilingüe que estar afavor del bilingüismo, una es cuestion de capacidad y otra es cuestion de respeto. Se puede ser bilingüe y estar contra el bilingúismo, como les pasa a los ultragallegueros y se puede estar a favor del bilingüismo y ser monolingüe como les pasa a los respetuosos. La enseñanza lleva siglos siendo en español y nunca antes habia sido en gallego y si ahora se puede ampliar tambien al gellego me parece perfecto, pero lo que no se puede es excluir a la lengua española y poner solo en gallego, porque ademas de ir contra la realidad e identidad de Galicia, va en contra de los derechos de las personas. Bilingüismo SI, fascismo ultragallego NO.

4 Violeta 4

Patética Ana. Resulta que los nazis catalanes dicen que Colón era catalán, pero los de aquí dicen que era galego. Poneros de acuerdo con vuestros presuntos amigos de ERC PdeCat o como se llame.

2 Candela

Ni todas las maniobras del mundo evitaran que gobierne el mejor. Que pena que la mayoría ni se entere de quien está detrás de estas algaradas. Mayoría absoluta para el mejor presidente, le pese a quién le pese.

1 Ana

Mellor presidente?. Contello a todolos galegos que tiveron que emigrar. Galiza podía ser a comunidade mais rica do estado e estamos no furgón de cola. Producimos enerxia e vemos como pechan empresas polo prezo da enerxia, a xuventude mellor formada emigra e o rural despoboandose polas pésimas infraestructuras e o abandono cando hoxe esta mais que nunca de moda ir a vivir ao rural. Xa nin falar das peaxes ou da situación da lingua galega (o principal patrimonio que temos como pobo). O PP non ten mais proxecto que o Xacobeo e obedecer a Madrid e asi nos vai. Agora ademáis gobernaría da man da ultradereita.

2 Verin de noite

Mellor presidente???..que llo pregunten as nais que foron parir a Ourense,as que parindo aquí foron separadas das súas crías,os maiores sen centros de día,os pacientes de cardioloxia,dermatoloxia,todos eses profesionais que non se están cubrindo no hospital,e centos de cousas mais.... A ver se somos criticos e facemos memoria fai seis meses atrás.

1 Moine

Se a dignidade mostrada em Verim traduze-se em votos, seguro que o PP o pode ter mais difícil ganhar a Junta.

1 Xocagv

Mostrus, a tua incapacidade é manifesta, já sei que para escrever e falar galego não está à altura de qualquer, fu nunca serás capaz, deixa-o, é muito para a tua capacidade intelectual