Alerta amarela en toda Galicia por altas temperaturas este domingo

Poderán superar os 35 graos en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Galicia e outras cinco comunidades autónomas estarán en risco de nivel amarelo por altas temperaturas esta xornada de domingo.

En concreto, a alerta afecta a Aragón, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, a Comunidade de Madrid, Gran Canaria e Galicia, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

No caso galego, o aviso afecta especialmente á provincia de Ourense, con temperaturas máximas que poderán alcanzar e mesmo superar os 36 graos, na zona do Miño, a partor das 15,00 horas, informa Meteogalicia.

A Aemet prevé ceos nubrados ou con intervalos nubrados no extremo noroeste de Galicia. Ao final do día tenderán a cubrirse no Cantábrico, sen descartar algunha choiva débil e dispersa, e durante a tarde formaranse nubes de evolución nas montañas do norte e este peninsular, onde é posible que se produza algún chuvasco débil e illado.

Sol e ceo despexado. XUNTA - Arquivo
Sol e ceo despexado. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta