O fin de semana sáldase con 51 accidentes de tráfico, dos que unha persoa faleceu

O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 22 sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 59 persoas debido a 51 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana pasado en estradas da rede viaria galega, das que unha faleceu.

A Central de Coordinación do 061 recibiu entre as 15,00 horas do venres 3 de xullo e as 23,59 horas do domingo 5 un total de 63 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 22 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 67. En concreto, as ambulancias realizaron 60 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en sete accidentes.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis casos recibiron atención no mesmo lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 64 por cento e a de mulleres reduciuse ao 36%. En canto ás idades dos feridos, o 37% dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Pontevedra, con 27 accidentes de tráfico, foi a provincia con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 14; Ourense, con sete; e Lugo, con tres.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta